1º Primaria

COMUNICACIÓN FAMILIAS 1º E. PRIMARIA CURSO 2021-22.

 

Dende a tutoría de 1º A e 1º B damos a benvida!

 

A reunión caos familias do alumnado de 1º E. Primaria (so poderán acudir unha persoa por familia) será o luns 13 de setembro ás 16:30 na entrada principal da Avenida de Oza.

 

Polo tanto, gustaríanos lembrar que o xoves 9 comezan as clases e os cativos de 1º curso deberán entrar e saír pola Rúa Boavista (ENTRADA as 8:55 e a SAÍDA as 13:50). Pregamos puntualidade para evitar aglomeracións, moitas grazas.

 

Antes de enviar os libros á aula, é importante que anotedes os códigos que vos aparecen nas contraportadas de cada un, xa que sen eles non poderedes acceder aos libros dixitais.

 

A listaxe de material entregarase a cada alumno/a o primeiro día de clases ademáis de envialo por ABALAR. É importante que lembredes poñer o nome do neno/a en cada libro así como no resto do material .

 

Un saúdo, 

 

as titoras de 1º E. PRIMARIA.

 

 

 

 

 

Reunión de titoría

Bo día! Lembramos que hoxe ás 17.00 teremos a reunión de titoría de 1.º. Para entrar ao centro, farémolo pola entrada principal da Avda. de Oza. Recordade que só pode asistir unha persoa por nena/o. Grazas!

AVISO IMPORTANTE

Ola, familias! Antes de enviar os libros á aula, é importante que anotedes os códigos que vos aparecen nas contraportadas de cada un, xa que sen eles non poderedes acceder aos libros dixitais. 

Por outra banda, para aqueles libros divididos por trimestres, lembrade non eviar os tres, senón só o do primeiro trimestre, xa que polo tema do COVID os espazos cos que contamos para almacenaxe na aula son moi reducidos.

Nada máis, graciñas pola vosa colaboración e vémonos mañá no portalón de entrada da Rúa Boavista. Lembrade que o noso horario é de 8.55 a 13.50 e que é moi importante ser puntual.

Saúdos! Angie

Distribuir contido