Actividades globais

SAMAÍN

Chegou o outono

trouxo o SAMAÍN e o MAGOSTO.

Aínda que non apañamos

nin as cabazas

nin as castañas.

Tallamos as cabazas e comemos as castañas.

PASÁMOLO DE MEDO!.

 

 

Recursos para traballar o Samín na clase:

https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/

Tamén na páxina:

https.//sites.google.com/site/samainrecursos

 

Recursos para o magosto.

 


 

 

 

Día das Letras Galegas 2012

Valentín Paz Andrade

 

Galería

sentímolo, flash non está dispoñible.

Obradoiros da OSI

Sinal de tráfico que fala de tráfico ou de obrar con precaución.

Obradoiros da OSI (Oficina de Seguridade do Internauta)

Martes 24 de abril ás 19:00

Xa todas e todos sabemos que boa parte do alumnado ten contacto constante co mundo da Internet, dende as casas, cos teléfonos móbiles, no colexio, etc. Outros aínda non, porque son pequenos pero... non tardando moito aí estamos.

Preocupados polas graves consecuencias que podan xurdir sen as necesarias medidas de protección e coidado, tanto na casa como na rúa ou no centro, estamos a organizar uns obradoiros a cargo dun equipo experto: a OSI (Oficina de Seguridade do Internauta). 

Estas charlas terán lugar para as familias e para o profesorado no noso centro o vindeiro martes 24 ás 7 da tarde. Para o propio alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria será o día seguinte durante as clases.

Cómpre polo tanto pedirvos con insistencia que todas e todos participedes nestas sesións informativas o martes 24 dada a enorme importancia do tema  a tratar. Agardámosvos.

Hai xente que por descoñecemento, pensa que xa está todo controlado ignorando que o asunto é moito máis importante do que puidera aparentar. Para facervos unha pequena idea, deixamos a continuación un pequeno vídeo de mostra alusivo.

 

Día da poesía

Neste curso adicouse o "Día da poesía" a Rosalía de Castro.

Escolléronse distintos poemas dos "Cantares Gallegos" e o alumnado leunos, comentounos, fixo actividades variadas sobre os mesmos e finalmente ilustrounos. Isto último é o que se amosa no vídeo, acompañada de música de Amancio Prada.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Entroido 2012. A auga

Un ano máis celebramos o Entroido, nesta ocasión dedicado á auga.

Cada nivel escolleu un tema, unha vestimenta e unha música que viu como a máis axeitada para a ocasión.

No vídeo tedes un breve resumo do que foi.

sentímolo, flash non está dispoñible.

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

21 de marzo

 


   Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o “DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA”.

    A BRUXA LIBRUXA da BIBLIOTECA e o EDLG  propoñen que adiquemos ese día a  ROSALÍA DE CASTRO, este ano cúmprense 175 anos do seu nacemento.
    O  libro de poemas  “ CANTARES GALLEGOS” de ROSALÍA DE CASTRO  é a primeira obra maestra da literatura galega contemporánea.
    Elixe unha das poesías que seleccionamos:

  • As de contar.
  • Cantarte hei Galicia.
  • Nosa Señora da Barca.
  • Un repoludo gaiteiro.
  • Campanas de Bastabales.
  • Airiños,airiños aires.


   Realiza  unha ilustración que expoñeremos nun gran panel . ( Recorda poñer  o teu nome  e curso  pola parte de atrás ).

    Veremos a exposición  escoitando as obras musicadas  de Rosalía.

 

                                                          

Día da Paz

Un ano máis celebramos este día con distintas actividades de aula e cunha actividade conxunta na que se confeccionaron murais con mans e pombas, leéronse poemas e cantamos, xa que a PAZ é alegría.

Como acontecemento especial, realizouse unha solta de pombas, que foi un éxito, pero resultou demasiado breve.

Este vídeo é un resumo do que se fixo.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Festival do Nadal 2011-2012

Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo caseiro no que se amosa como transcurriu o festival de nadal deste curso, onde unha serie de actuacións das diversas aulas compoñían unha escenificación global final na que se nos desexa a todas e todos unhas boas festas do nadal.

Unha vez máis despedimos un ano e o primeiro trimestre do curso e dámoslle a benvida a unhas festas entrañables, caracterizadas polo achegamento das persoas, e convivencia no enriquecemento nas diferencias.

O Festival de Nadal é unha imaxen diso, xa que é posible gracias á colaboración de tódolos membros da nosa comunidade educativa.

Na Galería multimedia e no vídeo tedes unha proba delo.

Feliz Ano.

sentímolo, flash non está dispoñible.

MAGOSTO

... comemos CASTAÑAS e que boas que estaban!

Máis fotos.

Distribuir contido