O luns 18 de setembro celebraranse as reunións das titoras e titores de Educación Primaria coas familias. Na seguinte táboa figuran os horarios e o lugar de celebración:
No DOG do venres 19 de maio publícase a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria para o vindeiro curso.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,https://se