Skip to Content

Lista provisional de admitidos no curso 2022/2023

Xa está no taboeiro de anuncios da secretaría a listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas para o curso 2022/2023.

Prazo de alegacións ata o venres 29 de abril.

DÍA DO LIBRO

PORQUE TÓDOLOS DÍAS PODEMOS CELEBRALO

DIGICRAFT

En 5º de Educación Primaria continuamos facendo actividades do Proxecto Digicraft! Empregando as novas tecnoloxías e o traballado nas aulas para facer esta proposta tan lúdica e dinámica, sendo os protagonista de hoxe os ECOSISTEMAS e os seus compoñentes e relacións! Démoslles vida a través de Sumopaint e un quebracabezas dixital!

Día Mundial da Síndrome de Down

Onte conmemoramos o Día Mundial da Síndrome de Down seguindo a iniciativa proposta por Down España " Gracias por tanto".

8 M - Día Internacional da Muller

Desde o Ceip Paradai queremos dar as grazas ás mulleres que compartiron o seu tempo onte no Día Internacional da Muller.

Este ano celebramos o día co lema: 

"Mulleres senlleiras, coma ti, coma min, coma todAs."

Neste video amosamos a todas as mulleres que participaron!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Mañá resolveremos o enigma da Científica Investigada.

 

 

 

Adiviñáchela?

 

 

Contos musicais

Se tedes interés en saber como se fan, como se gravan os contos musicais, non deixedes de visitar a páxina do CEIP Paulo Orosio. Atoparedes contos que xa coñecemos, outros moi orixinais, outros moi antigos...Seguro que vos gustan.

 

 

Si sodes dos que de verdad vos gustan estes contos ¡tedes que lelos!. Están na biblioteca e na aula de música.

¡Vamos a ler música!

RESERVA PRAZA 1º ESO

 

O alumnado do CEIP Paradai ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Muralla Romana, para facela efectiva deberá presentar:

SOLICITUDE TELEMÁTICA a través da Sede Electrónica accedendo a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ )

SOLICITUDE PRESENCIAL na secretaría do colexio en horario de secretaría. (Deben entregala os pais/nais ou titores).

Adxuntamos instruccións.

Distribuir contido


by Dr. Radut