Skip to Content

Samaín ca bruxa Amalurra

Ja, ja, ja, ... Esta vez tivemos con nós á bruxa Amalurra, que da moito medo, pois veu co Samaín.

Antes mandounos unha carta con instruccións para procurar unha lista de ingredientes moi raros (ollos de dragón, dentes de morcego, escamas de peixe globo, etc.) para facer ela unha pócima moi perigosa na festa de Samaín...

 

 

Visita ao MIHL - A REVOLTA DOS CLICKS

O 27 de outubro visitamos a exposición "A Revolta dos Clicks" no MIHL. Alí, despóis dunha explicación sobre a orixe dos bonecos de Playmobil, poidemos ver maquetas (dioramas) da Galicia medieval: campesiños traballando na terra, pescadores nas súas barcas, pitas e porquiños, a praza co mercado, mosteiros e castelos con damas e cabaleiros, batallas con moitísimos soldados ... 

Qué ben o pasamos!

Outono no noso colexio

Neste mes de outubro, despois de recoller follas e froitos do outono para, ca axuda das nosas familias, facer unhas fermosas manualidades, expuxémolas na entrada do edificio principal. Alí posamos diante delas. 

 

Tamén nos veu visitar unha meiga moi especial, a profe Alba, para contarnos un conto do outono...

 

Nota informativa elección consello escolar

Adxuntase a documentación informativa do proceso de renovación do consello escolar.

Kahoot OUTONO SAMAÍN

 Tica na imaxe para comezar o Kahoot Educación Infantil e 1º Ed. Primaria:

 

 

 

 Tica na imaxe para comezar o Kahoot 1º e 2º Ed. Primaria:

 

 

  

 Tica na imaxe para comezar o Kahoot 3º e 4º Ed. Primaria:

 

 

 

Tica na imaxe para comezar o Kahoot Educación Infantil e 1º Ed. Primaria:

 

 

 

Nova axuda de material escolar

Estimadas familias:

A Xunta de Galicia ven de aprobar unha nova axuda para a adquisición de material escolar para aquelas familias que xa foron beneficiaras da mesma en xuño.

Deste xeito, podedes pasar a buscar estes cheques a partir de mañá martes dende as 13:10 horas co fin de non interromper o normal funcionamento das clases.

Recordade que este só se poderá gastar en material escolar ata o vindeiro 2 de decembro.

 

 

Sorteo extraescolares

Estimadas familias:

Feito o sorteo (adxuntamos video), xa se pode consultar o no tablón de anuncios do Centro, a listaxe do alumnado incluido en cada actividade.

 

Boletín informativo curso 2022/2023

 Como todos os anos, aquí tedes o DÍPTICO de este curso 2022-2023: 

 

Formulario de inscripción da actividade de tenis

Actividade gratuíta os meses de outubro e novembro, a partir de decembro os nenos e nenas que queiran continuar, terá un custo establecido polo adestrador ( 15-20 € mes)

 

Ticar na imaxe para cubrir o formulario:

Horario e cancelas de entrada e saída

Adxuntamos horarios e cancelas de entradas e saídas do centro:

 

Inicio do curso escolar

Con motivo do comezo das clases este Xoves 8achegámosvos o horario coa incorporación do alumnado: 

 

Ao alumnado entregaráselle os libros de texto do fondo de libros, unha vez entren os seus fillos ou fillas ao centro.

IMPORTANTE: O alumnado de E. INFANTIL tendrá unha reunión coas titoras. 

 

Fondo Libros

 

FONDO DE LIBROS

 

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL

 

o   4 DE XULLO (NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS INTERIOR DO CENTRO)

RECLAMACIÓNS Á LISTAXE PROVISIONAL

 

o   5 e 6 DE XULLO

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA

 

o   7 DE XULLO (NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS INTERIOR DO CENTRO)

ENTREGA DE LIBROS DO FONDO

 

o   O PRIMEIRO DÍA LECTIVO DE SETEMBRO

 

AXUDA DE LIBROS E MATERIAL

 

ENTREGA DE VALES DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA

 

o   7 e 8 DE XULLO de 10:00h a 13:00h (AS FAMILIAS QUE NON RECOLLAN O VALE NESTAS DATAS TERÁN QUE ESPERAR Ó PRIMEIRO DÍA LECTIVO DE SETEMBRO PARA RECOLLELO).

 

      A ENTREGA DE VALES DE MATERIAL PARA O RESTO DO ALUMNADO (DE 3º ATA 6º DE PRIMARIA) SERÁ O PRIMEIRO DÍA LECTIVO DE SETEMBRO.

 

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Listaxe de libros curso 2022/2023

Adxuntamos a listaxe dos libros para o curso próximo 2022/2023.

Distribuir contido


by Dr. Radut