Skip to Content

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

O domingo 21 de marzo celebrouse o Día Mundial da Poesía, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e dar oportunidade a todas as linguas como medio de comunicación artística.

Este día trata de fomentar a tradición oral poética, apoiar ás pequenas editoriais e crear unha imaxe atractiva da poesía, fóra e dentro dos medios de comunicación, a través dunha forma diferente e sutil, mostrando ao lector a esencia da mensaxe.

Dende o centro, esta semana, estamos facendo actividades relacionadas co tema, promovendo a iniciación e o gusto pola poesía nos máis pequenos.

 

 

ENAPAS - CEIP "PARADAI"

Estimadas familias:

Informámosvos que o próximo 17 de marzo, no noso Centro, contaremos cunha charla a cargo das ENAPAS-CEIP PARADAI. Para poder acudir, é necesario pedir cita previa ao número 982 870 432, para control de aforo. Animámosvos a asistir!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Estás interesado/a en coñecer o noso Centro?

Só tes que pedir unha cita previa e ensinarémoscho encantados.

( Con todas as medidas-COVID de seguridade )

COA FORZA DE ROSALÍA!

Cada ano, o 24 DE FEBREIRO, conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA, a escritora galega máis representativa da nosa literatura, en permanente actualidade e cuxa obra trascende as fronteiras universais.

Agora, máis que nunca, debemos contaxiarnos da forza e da viveza dos seus cantares para proxectalos neste 2021, abrazando todo o bo que temos arredor, que sabemos que é moito, e impulsando a cultura para recuperar as cousas cotiás con ollos de ilusión.

 


 

Nota informativa

Estimadas familias:

Adxuntamos a seguinte nota informativa.

A Dirección

Marta Castro

 

Vacacións de Entroido

Estimadas familias:

Lembrámosvos que os días 15, 16 e 17 de febreiro, non haberá clase ao ser as vacacións correspondentes de ENTROIDO.

Cribado preventivo no Centro

 

Estimadas familias:

Comunicámoslles que se confirmou un brotre da Covid-19 no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla. Tras realizar o estudo de contactos no Centro, NON foi identificado/ a como contacto estreito, polo que pode seguir realizando vida normal, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Realizarase unha proba de PCR preventiva ao seu fillo ou filla.

Pode consultar máis información no documento adxunto. 

 

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Quen é a muller misteriosa...?

Mañá descubriremos á Ciéntifica investigada.  

 

 

 

 

Kahoot DÍA DA PAZ

Despois de visitar o noso MAR DE PAZ, estades preparados para xogar ao kahoot? Os kahoots están ordenados por dificultade, só tedes que pulsar na peza de Lego.

RESERVA DE PRAZAS

 

Estimadas familias:

Adxúntase a INFORMACIÓN PÚBLICA sobre o proceso de ADMISIÓN DE ALUMNADO para o CURSO 2021/22.

 

DIA DO USUARIO/A DAS BIBLIOTECAS

O 11 de XANEIRO celebramos o DÍA DOS USUARIOS E USUARIAS  DAS BIBLIOTECAS. 

Durante esta semana temos programadas visitas á biblioteca do centro para todos os cursos onde explicaremos o seu funcionamento e curiosidades sobre o tema.

Aquí tedes algúns motivos polos que recomendamos asistir ás bibliotecas:

1. Fonte de información e coñecemento.

2. Lugar de lecer, creación, encontro e aprendizaxe.

3. Podemos dar renda solta a nosa imaxinación e ideas.

 

"En Exipto as bibliotecas eran chamadas `o tesouro da alma´. Nelas sanábase da ignorancia, a máis perigosa das enfermidades e a orixe de todas as demais".

Jacques-Bénigne Bossuet

Distribuir contido


by Dr. Radut