O pasado mércores día 20 tivemos a 2ª reunión do Club de Lectura de familias e profesorado.
Desta volta para falar de ( ou máis ben escoitar) Ultraluz, o libro de poemas de Ledicia Costas.
Comezamos cunha pequena introducción sobre poesía que nos fixo a profe Mercedes e continuamos...
Somos conscientes de que quizais a poesía e o teatro non sexan os xéneros que máis gustan, polo que decidimos que en lugar de enviar o libro para que o leran en casa, fixemos unha especie de lectura compartida na reunión ( ou máis ben escoita activa)
Tamén falamos de se nos gustaba a poesía ou non, e os posibles motivos.
Hai un par de meses, presentouse Ultraluz , unha lectura do libro por parte da autora, e co acompañamento musical dos irmáns Ferreiro: Iván e Amaro.
Despois escoitamos algúns dos poemas na voz da propia Ledicia, que están dispoñibles en Youtube (subidos pola propia autora) e falamos das sensacións que nos producían.
Aquí vos deixamos algúns dos poemas que escoitamos : Episodio primeiro, Hibernación, Unha casa inmóbil e Mente colmea , entre outros..
Posteriormente compartimos a nosa seguinte lectura: "Senlleiras" de Antía Yáñez.
Para finalizar movémonos ata a "sala de mestras" para compartir a "merendiña" maioritariamente saudable.
Desta volta foron Lucía e Mª José as que nos deleitaron cunhas riquísimas sobremesas.
Moitísimas grazas ás dúas polo seu tempo e por estas elaboracións tan saborosas.
Vémonos na vindeira reunión para falar de "Senlleiras"..
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |