O pasado luns día 20 de decembro tivo lugar a primeira reunión do CLUBE DE LECTURA do alumnado de 6º de ED. Primaria.
Autodenomináronse os “Enanos come libros” e deseñaron o seu propio carné do clube.
A primeira lectura foi banda deseñada en galego, unha lectura sinxela para comezar con ánimo: “Baroña ou Morte” o primeiro da serie “Os Barbanzons” de Pepe Carreiro.
Ademais da lectura, investigaron sobre os Castros e aprenderon sobre a súa cultura e costumes. ( xa que o libro está inspirado no Castro de Baroña).
Para esta primeira reunión pareceunos interesante ir visitar o Castro de Cameixa ( que está preto do cole na parroquia de Cameixa, no Concello de Boborás)
A idea era ir ata o Castro, velo e facer alí a reflexión sobre o libro e “merendar” pero o tempo non axudou moito, co que decidiuse ir camiñando dende o cole, visitar o Castro e voltar ao centro para facer a reflexión na biblioteca e merendar alí ( por se a chuvia facía acto de presenza)
A titora de sexto curso e mais a coordinadora do equipo de biblioteca acompañaron á clase, na andaina, visita e na posterior reflexión sobre o libro.
E despois de todo isto, unha merecidísima merendola.
Deixámosovos unhas poucas fotos do proceso!!