Skip to Content

                              

BANDA DESEÑADA

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL

Compartímosvos as recomendacións lectoras para este Nadal , por se non tedes claro que agasallar.

Damos ás grazas ás titorías que nos aportaron as ideas, e tamén ao Departamento de Orientación.

Este ano engadimos tamén algún "xogo" e como o lema deste ano das Bibliotecas Escolares, é "Unha biblioteca escolar en viñetas" tamén engadimos recomendacións de B.D.

Achegamos as recomendacións en formato "vídeo" pero tamén en formato PDF ( onde se premedes nas imaxes dos libros podedes acceder á súa ficha técnica)

 

Boa lectura, e bo Nadal en Familia! 

 

 

 

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 6º DE ED. PRIMARIA

 O pasado luns día 20 de decembro tivo lugar a primeira reunión do CLUBE DE LECTURA do alumnado de 6º de ED. Primaria.

 

Autodenomináronse os “Enanos come libros” e deseñaron o seu propio carné do clube.

 

 

A primeira lectura foi banda deseñada en galego, unha lectura sinxela para comezar con ánimo: “Baroña ou Morte” o primeiro da serie “Os Barbanzons” de Pepe Carreiro.

 

Ademais da lectura, investigaron sobre os Castros e aprenderon sobre a súa cultura e costumes. ( xa que o libro está inspirado no Castro de Baroña).

 

 

 Para esta primeira reunión pareceunos interesante ir visitar o Castro de Cameixa ( que está preto do cole  na parroquia de Cameixa, no Concello de Boborás)

 

A idea era ir ata o Castro, velo e facer alí a reflexión sobre o libro e “merendar” pero o tempo non axudou moito, co que decidiuse ir camiñando dende o cole, visitar o Castro e voltar ao centro para facer a reflexión na biblioteca e merendar alí ( por se a chuvia facía acto de presenza)

 

 

A titora de sexto curso e mais a coordinadora do equipo de biblioteca acompañaron á clase, na andaina, visita e na posterior reflexión sobre o libro.

 

E despois de todo isto, unha merecidísima merendola.

 

Deixámosovos unhas poucas fotos do proceso!!

 

 

MALETA VIAXEIRA DE BANDA DESEÑADA

Hoxe chegou ó noso cole unha das MALETAS VIAXEIRAS que a Asesoría de Bibliotecas Escolares pon a disposición dos Centros Educativos.

 

O contido desta maleta vai estar un mes na biblioteca do cole, pódese disfrutar destes cómics/ manga e banda deseñada/ album ilustrado na hora do recreo ou na hora de biblioteca asignada para cada aula.

 

A MALETA que nós temos é a de BANDA DESEÑADA, PRIMARIA E ( se premedes no nome poderedes ver os libros que a compoñen)

 

Os libros son para ED. Infantil e Primaria

Fixemos dúas clasificacións dos mesmos:

-Para ED. Infantil e 1º e 2º de primaria ( Album ilustrado, Super Pataca, etc etc) con maiúsculas ou menos texto

-E os que teñen máis texto, ou complexidade temática, ou profundidade, ou manga para 3º , 4º 5º e 6º.

 

Agardamos que o noso alumnado disfrute coa lectura... Os máis pequenos xa deron boa conta das novidades na biblioteca...

        

 

        

Distribuir contido


by Dr. Radut