Estimadas familias, queremos comunicarlles o seguinte:
O venres, día 20 de decembro de 2019, o alumnado de Educación infantil recibirá o boletín informativo e os traballos realizados durante o trimestre, motivo polo cal é necesario acudir a falar coas titoras, á volta das vacacións.
O venres, día 20 de decembro, o alumnado de Educación Primaria tamén recibirá o boletín de notas da 1ª avaliación. O horario de atención ás familias para a entrega do xustificante das notas e para falar cos titores sobre a evolución académica dos seus fillos será o primeiro martes de xaneiro, (día 14) de 16.00 a 18.00. No caso de non poder asistir o devandito día, por forza maior, deberán poñerse en contacto coas respectivas titorías.
O venres 20 de decembro será un día lectivo, polo tanto o alumnado seguirá o horario ordinario dos venres, entrando ás 9.30 e saíndo ás 13.15 horas.
As vacacións de Nadal comezarán o día 23 de decembro de 2019 e rematarán o día 7 de xaneiro de 2020, comezando as clases o mércores día 8 de xaneiro de 2020, segundo a Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Un saúdo.
Boborás, a 10 de decembro do 2019
O director
Javier Álvarez
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Comunicado notas 1º trimestre e vacacións.pdf | 642.34 KB |