Skip to Content

                              

blogue deLeo

Preparándonos para o día do libro.

Nas próximas semanas imos celebrar o Día Internacional do Libro e dereitos de autor.

Estamos preparando un libro "viaxeiro" para facer entre todas as aulas.

Ademais queremos pedir a colaboración ás familias:

 

Obradoiro STEAM con Paola Guimeráns.

O pasado 22 de marzo, grazas ás Bibliotecas Creativas ( proxecto da Asesoría de bibliotecas escolares do que formamos parte) estivo no noso cole Paola Guimeráns, unha pioneira STEAM especialmente no relacionado cos e-textiles.

Desta volta para o alumnado de 5º e 6º que puideron disfrutar e crear guiados por Paola o seu propio "brazalete" con Leds ( e-textil) e despois con Scratch programaron un pequeno "xogo" .

Foi unha experiencia interesantísima , na que desfrutaron, aprenderon e traballaron STEAM dun xeito lúdico e moi didáctico.

Foi un auténtico pracer ter a Paola no noso centro ( que voltará para facer sendos obradoiros co alumnado de 3º e 4º de ED. Primaria)

 

 

A clase de 6º de ED. Infantil en Radio Xuve

Este trimestre o alumnado da clase de 5 anos estivo investigando moito para aprender cousas sobre o Universo: o noso planeta, o sistema solar, a vía láctea, os satélites ( artificiais e naturais) , as estrelas, as constelacións, viaxes espaciais: o primeiro animal, o primeiro home e a primeira muller que foron ao espazo... e un montón de cousas máis.

Como culminación a ese proxecto, hoxe foron a Radio Xuve a falar do que máis lles gustou de todo  o que aprenderon.

A verdade é que o fixeron xenial, aínda que os nervios fixeron acto de presenza.

Queremos darlle as grazas ao profe Javi, que estivo con nós, axudounos e guiounos no proceso. Ademais de facer a montaxe final .

Aquí tedes unha foto de toda a clase , aínda que para facer a gravación fomos en pequenos grupos.

 

E aquí vos queda o resultado:

 

 

CONMEMORANDO O DÍA DA AUGA

Dende o equipo de biblioteca fíxose unha proposta ao profesorado "especialista" que cada un deles preparase un experimento no que a AUGA fose a protagonista para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA AUGA.

 

É fundamental concienciarnos da importancia que ten a auga nas nosas vidas ( ODS)  e especialmente o número 6: promesa de que todos e todas terían auga e saneamentos xestionados de forma segura para 2030 ( Axenda 2030)

 

Para conmemorar esta data, dun xeito lúdico os 7 grupos de alumnado pasaron, acompañados polos seus titores e titoras,  polos 7 experimentos propostos polos "especialistas" do centro.

Moitas grazas a todos e todas polo esforzo e o traballo.

Resultou unha xornada moi ilustrativa e interesante.

 

Acó vos quedan unhas poucas fotos do momento:

 

AUGA, ÁRBORE E POESÍA:

Coa chegada da Primavera chegan tamén 3 datas importantes: día da auga, da árbore e da poesía.

N actividade relacionada coa Árbore ( premede para ir ao enlace) este ano tivemos axuda do C.E.E Infanta Elena de Monforte.

 

A parte relacionada coa poesía vai ir á cargo do alumnado da clase de 1º de ED. Primaria que elaboraron un orixinal  POEMA coa axuda da súa titora, Miriam para explicarnos ao resto do colexio a actividade que imos realizar para O DÍA DO LIBRO.

Deixámosvos a gravación que fixeron  do POEMA que elaboraron e van recitar  hoxe:

 

 

 

 

Posteriormente para celebrar o día da AUGA, imos ter 7 experimentos relacionados coa mesma no patio.

Cada "especialista" preparou un experimento relacionado coa auga e todas as titorías iremos pasando por eles...

 

BO DÍA DA ÁRBORE, AUGA E A POESÍA.

 

PREPARÁNDONOS PARA O DÍA DA ÁRBORE, AUGA E POESÍA

Estamos ultimando os detalles para o próximo día 21 celebrar conxuntamente os días da árbore, da auga e da poesía.

 

Pero este ano queríamos algo distinto, relacionado co día da Árbore e pedímoslle axuda ao C.E.E INFANTA ELENA  de Monforte de Lemos, xa que sabemos que "controlan" moito do tema porque teñen P.F.B de Xardinería e contan co seu propio invernadoiro...

E que mellor explicación podíamos ter que duns expertos na materia!!!! 

Dende o equipo de biblioteca do centro, coordinándose coa profe Noelia e a súa titoría ( composta por: Lidia, Joel, Hugo, Iván, José e Daniel) e  fixeron este magnífico vídeo que compartiron con nós para conmemorar o día da Árbore e ademais ensinarnos algúns dos seus coñecementos.

 

Aquí vos deixamos o vídeo que nos  preparon: 

 

MOITÍSIMAS GRAZAS EQUIPO!!!!

8M: EN FEMININO NO CONCELLO DE BOBORÁS

Baixo o lema da ONU para este 8M de 2023:  "Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero".

Dende os equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca lanzamos unha proposta co gallo do 8M : que o alumnado de 3º de ED. Primaria en adiante entrevistase a unha muller importante na súa vida (ALFIN/AMI ) 

Xa fose mediante o uso da tecnoloxía:  audio ou vídeo ou en modo "escrita" ( máis tradicional) 

Mulleres importantes nas súas vidas, e residentes en Boborás.

 

O primeiro , queremos dar as grazas a todas as mulleres que "aceptaron o reto" de seren entrevistadas, fose no formato que fose. Polo seu tempo e bo facer.

GRAZAS A TODAS.

 

Para comezar, deixámosvos aquí a entrevista que Aixa, da clase de 5º, lle fixo a súa avoa Pilar:

 

 

A continuación deixámosvos a entrevista que Aroa da clase de 3º , lle fixo á súa nai: Patricia Torres ( que é a alcaldesa do noso Concello)

 

 

Entrevista a Maica, nai de Mauro, Ángel e Daniel. 

 

 

 

Entrevista a Rosa, curmá de Mateo da clase de 5º. 

 

 

 

Entrevista a Mª del Carmen, nai de Sofía da clase de 6º

 

 

A continuación unha pequena presentación en "Canva" das entrevistas realizadas polo alumnado de 5º de ED. Primaria.

 

 

 

Deixámosvos tamén un  DOCUMENTO coas entrevistas realizadas ao xeito tradicional:  manuscritas e algunhas máis  manuscritas  ( ou "mecanografiadas") e as derradeiras entrevistas manuscritas , dende a clase de 3º de Primaria  Premede nas palabras suliñadas para poder acceder a elas. 

 

23F: DÍA DE ROSALÍA

 O pasado xoves día 23 conmemorouse o aniversario do nacemento da poetisa, tamén coñecido como o DÍA DE ROSALÍA .

No centro, ademais do traballo de aula quixemos levar os poemas da autora a todos os recunchos. 

Así: algunhas aulas escribiron poemas da autora nas fiestras de Radio Xuve, ou da Biblioteca Escolar e outras aulas o que fixeron foi plasmar e papel ou cartolina os seus poemas e colgalos das árbores, ou dalgún lugar do noso patio para compartilos.

Foi unha actividade de traballo en equipo, que fomentou a creatividade do alumnado ao mesmo que conmemoramos a esta figura tan importante da literatura galega.

 

 

 

Acó vos deixamos unhas poucas fotografías do proceso:

 

 

13F: DÍA MUNDIAL DA RADIO: MULLER E NENA NA CIENCIA

O pasado 13 de febreiro foi o día MUNDIAL DA RADIO, por este motivo o alumnado de 1º de ED. PRIMARIA e coa proximidade do 11F : DÍA MUNDIAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA elaboraron este pequeno programa de radio.

 

 

ENTROIDO 2023: RECICLA

Onte a comunidade educativa do CEIP XUVENCOS "desfilou" polo Concello de Boborás ( con "batucada" incluída)

As familias que puideron unirse, acompañáronnos no desfile e houbo quen tamén se animou a disfrazarse.

 

Acó vos deixamos unhas poucas fotos por aula previas ao desfile. Co lema deste ano: RECICLA

Grazas ao profe Óscar que foi o encargado da reportaxe audiovisual.

 

 

 

 

A continuación un vídeo un pouco máis extenso do Desfile por  Boborás por parte da comunidade educativa (alumnado , profesorado e as familias que quixeron unirse á festa, xa fose disfrazadas ou non)

 

 

 

E agora  un vídeo do baile que tivo lugar no cole, despois do desfile polo concello, sempre é un bo momento para pasalo ben. 

 

 

 

 

 

Por último deixámosvos outro vídeo do "desfile" que se fixo o venres, no propio centro, no que cada quen se disfrazou do que quixo.. e as familias que así o quixeron ( e puideron) uníronse a nós... que non pare a festa!!

 

 

 

E que viva o Entroido!!!

 

Distribuir contido