Skip to Content

Ed. infantil

CONTO "UNA MONTAÑA PARA PANCHO"

OS NENOS E NENAS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL, FOMOS CONVIDADOS RECENTEMENTE A DESFRUTAR DUNHA MARAVILLOSA SESIÓN DE TEATRO DE TÍTERES.

OS ACTORES FORON OS NENOS E NENAS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA AXUDADOS POLAS MESTRAS PILAR E MARÍA JOSÉ EIRIS QUE... SABENDO QUE TRABALLAMOS TODO O 1º TRIMESTRE CO TEMA DOS ELEFANTES QUIXERON CONTARNOS UN CONTO PROTAGONIZADO POR UN. O CONTO LEVA POR TÍTULO "UNA MONTAÑA PARA PANCHO".

PASÁMOLO TAN BEN QUE AGORA SOMOS NÓS OS QUE QUEREMOS ENSAIAR TAMÉN UNHA OBRA DE TÍTERES E ENSINARLLA A TODAS AS CLASES. AGÁRDANOS UN TRABALLO BEN DURO!!

 

AS ESTRELAS. 5 ANOS

XA VOS FOMOS DICINDO QUE ESTE TRIMESTRE IMOS TRABALLAR A ASTRONOMÍA EN EDUCACIÓN INFANTIL. NA CLASE DE 5ANOS, APROVEITANDO QUE É A CLASE DAS ESTRELAS, SON ESTES CORPOS CELESTES NOS QUE IMOS PROFUNDIZAR.

POLO DE AGORA ESTIVEMOS VENDO DIFERENTES VÍDEOS E CONTOS PARA EMPEZAR COA TOMA DE CONTACTO. COMO POR EXEMPLO ESTE DA SERIE DE DEBUXOS "ZAMBA":

PERO TAMÉN IMOS AVANZANDO NA ELABORACIÓN DO LIBRO SOBRE O PROXECTO DAS ESTRELAS.

DESPEDIMOS Á NOSA TARTARUGA

Estamos a finais de xaneiro e xa logo vai facer un mes que Ninja xa non convive con nós na nosa aula.

Estivemos coidando dela máis dun ano con moito cariño e con moito traballo. Pero despois de averiguar todos os coidados que vai necesitar cando vaia medrando inda máis e o importante que é a tranquilidade e a compañía doutras amigas da mesma especie; decidimos entre todos/as que sería mellor que marcharse para un estanque cunhas mellores condicións.

Inda non é o momento axeitado de trasladala polas baixas temperaturas que soportamos, pero en breve veremos a través de fotografías como é a súa nova vida. Polo de agora inda está na casa da mestra agardando que medre un pouco máis e a calor nos acompañe.

De todos modos, non queremos deixar pasar a oportunidade de ensinarvos unha foto do día da despedida que tiñamos pendente de publicar. Ninja case non se ve, pero se vos fixades ben aí está nas mans da profe!!!

O SOL. AULA DE 4 ANOS.

 

Xa comezamos co traballo do proxectos "O SOL" programado para este segundo trimestres. Para introducir ós nenos na temática partimos de videos educativos sobre o sistema solar e o sol. Tamén comezamos a facer  o libro que vai a resumir todo o traballo do proxecto. Aquí vos deixo algunhas imaxes do noso traballo. 

O ordenador na aula danos moito xogo para traballar con videos e cancións educativas!

 

 

O SOL, A LÚA E AS ESTRELA. LENDA AFRICANA.

Queridas familias ó longo do segundo trimestre as tres aulas de infantil imos traballar o sol, a lúa e as estrelas. A aula de tres anos centrará o seu traballo na lúa, a de catro no sol e a de cinco anos nas estrelas. Para introducir esta temática deixamos unha fermosa lenda africana que esperamos que disfrutedes!!. Premede na imaxe para ver o video!.

O SOL, A LÚA E AS ESTRELAS. LENDA AFRICANA.

COLABORAMOS COA CRUZ VERMELLA

OUTRA VEZ MÁIS, OS NENOS E NENAS DO GÁNDARA-SOFÁN, COA INESTIMABLE COLABORACIÓN DAS SÚAS FAMILIAS, FORON UN EXEMPLO DE AXUDA E COLABORACIÓN COS MÁIS DESFAVORECIDOS.

FORON MOITOS OS XOGUETES QUE TROUXESTES PARA QUE A NIGÚN OUTRO NENO/A LLE FALTE NESTAS DATAS; OS ALIMENTOS QUE XUNTAMOS FARÁN QUE MOITAS FAMILIAS POIDAN TER A ALIMENTACIÓN AXEITADA QUE A NINGUÉN LLE DEBE FALTAR; E COS MOITOS MATERIAIS PARA USO ESCOLAR, O COMEZO DO SEGUNDO TRIMESTRE PARA OUTROS MOITOS SERÁ DIFERENTE.

AQUÍ ESTAMOS NÓS, POSANDO PARA A FOTO BEN ORGULLOSOS/AS CON UNHA PEQUENA PARTE DAS CAIXAS QUE OS RESPONSABLES VIÑERON RECOLLER DÍAS ANTES DO REMATE DO 1º TRIMESTRE!!

SUMAMOS ELEFANTES

ESTÁ A PUNTIÑO DE REMATAR O TRIMESTRE, PERO INDA NON NOS ESQUECEMOS DO NOSO PROXECTO DESTE TRIMESTRE; O ELEFANTE.

DESTA VEZ ESTIVEMOS SUMANDO FOLLIÑAS DE ÁRBORES, APROBEITANDO QUE ESTUDIAMOS A SÚA ALIMENTACIÓN E ESTE É UN DOS SEUS ALIMENTOS PREFERIDOS.

MIRADE UNHAS FOTOS DALGÚNS NENOS E NENAS SUMANDO.

 

LETRA U. 4 ANOS.

Fixemos o mural da letra U. Buscamos imaxes que empezan pola letra "U" e escribimos as palabras entre todos. 

ALIMENTACIÓN DAS BALEAS. AULA DE 4 ANOS.

Este mes de novembro estivemos a traballar aspectos da alimentación das baleas. Sabemos que podemos atopar dous tipos de baleas:

-Baleas con barbas, como a balea azul (Marina) que se alimenta de Kril e pequenos peixes e mosluscos. A través das barbas filtra a auga para tomar o alimento.

-Baleas con dentes como a Orca ou o cachalote. Estas baleas comen presas máis grandes como leóns mariños, focas, calamares xigantes ou peixes grandes. 

Entre todos fixemos este mural.

 

LECTURA COMPARTIDA EN 5 ANOS

AGORA A QUEN LLE TOCA O TURNO É A CRISTIAN. LEUNOS UN CONTO QUE A EL LLE GUSTA MOITO E A NÓS TAMÉN NOS ENCANTOU.

 

A PARTIR DE AGORA SEGUIREMOS LENDO DIARIAMENTE PARA DISFRUTAR E ABRIR A NOSA MENTE!!!

ESPERAMOS QUE VOS GUSTASE VERNOS LER E NOS ANIMEDES NAS CASAS!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut