Skip to Content

Ed. infantil

FOMOS MARISCAR A BALDAIO

O día 19 de maio fomos de excursión.

Fomos mariscar á praia de Baldaio!!

 

Saímos ben contentos e abrigados do colexio e alí comezamos a camiñata acompañados/as das mariscadoras que amablemente nos recibiron...

As mariscadoras que nos acopañaron, explicáronnos como os cormoráns (unhas aves mariñas) teñen que poñerse a secar ao sol porque nas súas plumas non teñen a graxa que fai que a auga esbare...

Fixemos unha parada para repoñer forzas...

ANIVERSARIOS DO MES DE ABRIL EN EDUCACIÓN INFANTIL

No mes de abril seguimos celebrando cumples!!

Desta vez Lucía cumpriu 4 anos e Izan e Alba 5!!

Estaben feitos uns artistas!!!

 

PROXECTO: RECONTANDO CONTOS

Despois de traballar os animais no 1º trimestre e a astronomía no 2º, neste terceiro trimestre, nas aulas de Educación Infantil estamos traballando as matemáticas a través dos contos.

A aula de 5 anos escolleu o conto dos "101 dálmamtas" e a partir del e dos seus personaxes estamos traballando a comparación de cantidades, os conceptos "máis que", "menos que", "tantos como", "os mesmos ca", os números ata o 20... e tamén a súma a partir da decena.

Estamos facendo tamén un libriño como as veces anteriores e estanos gustando moito.

Mirade algunhas fotos de como traballamos:

FROITA NA ESCOLA

NESTE MES DE ABRIL, XA REMATAMOS COA CUARTA E ÚLTIMA SEMANA DE REPARTO DE "FROITA NA ESCOLA".

DENDE O MES DE XANEIRO E ATA O DE AGORA, DESFRUTAMOS DUNHA SEMANA DE FROITA NA HORA DO RECREO, CADA MES.

NAS DÚAS PRIMEIRAS SEMANAS FORON PREGOEIROS OS MAIORES DO COLE, OS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA; PERO NA 3ª E NA 4ª SEMANA, FORON OS NENOS E NENAS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL OS QUE FORON CADA DÍA POLAS CLASES DO CENTRO FORMULANDO A CORRESPONDENTE ADIVIÑA.

CADA DÍA TRES ALUMNOS/AS SE RESPONSABILIZARON DE TAN ARDUA LABOR, NA QUE HABÍA QUE TRABALLAR A ORIENTACIÓN ESPACIAL, O TRABALLO EN EQUIPO, A MEMORIZACIÓN OU A LECTURA, AS HABILIDADES SOCIAIS DE SAÚDO/DESPEDIDA, A EXPRESIÓN ORAL EN GALEGO, A ADQUISICIÓN DE NOVO VOCABULARIO, A ESTRUTURA E RITMO DAS ADIVIÑAS, ETC.

Canción do Día do Libro: "Imos contar un conto" (tema de Pablo Díaz)

Con motivo da celebración do Día do Libro, seguimos participando en actividades. Desta vez, grazas ao gran traballo de ensaio da mestra de música, Pili; todos e todas interpretamos o tema "Imos contar un conto" de Pablo Díaz.

Podeder ver algunhas fotos e ler a letra mentres escoitades este fermoso tema que tedes dispoñible premendo no arquivo adxunto.

 

CUMPLEANOS DO MES DE MARZO!

NO MES DE MARZO CELEBRAMOS OS CUMPLES DE BRUNO MARTINEZ, UXIO, MARCOS E ISMAEL.

QUE BEN O PASAMOS!! COMO TÓDOLOS MESES DISFRUTAMOS DA TARTA , DA MÚSICA , DO BAILE E DOS REGALIÑOS QUE NOS FIXERON AS FAMILIAS!

FELICIDADES A TODOS!!

 

PRESENTACIÓN DAS NOSAS ASTRÓNOMAS

O día 8 de marzo celebrouse o día da Muller Traballadora e, aproveitando que no colexio estamos traballando a ciencia, todas as aulas do centro estiveron traballando en relación a diferentes mulleres científicas.

As aulas de Educación Infantil traballamos mulleres astrónomas, xa que neste trimestre traballamos proxectos relacionados co Sol, coa Lúa e coas Estrelas.

A continuación podedes ver algunhas imaxes do día en que lles presentamos as nosas científicas ao resto dos compañeiros e compañeiras do colexio.

A clase de 4º de Educación Infantil estudiou e presentou á científica: Wang Zhenyi.

O PRÓXIMO FOGAR DE NINJA

ESTES DÍAS XA ESTAMOS A DISFRUTAR DUN EXPLÉNDIDO SOL E UNHAS TEMPERATURAS MÁIS AGRADABLES. POR ISO APROBEITAMOS PARA QUE NINJA VISITASE ÁS QUE EN BREVE SERÁN AS SÚAS COMPAÑEIRAS.

SON CATRO TARTARUGAS QUE VIVEN XUNTAS NUN ESTANQUE DENDE HAI MOITOS ANOS (A MÁIS VELLA DELAS XA TEN MÁIS DE VINTE ANOS).

POLO DE AGORA, NINJA INDA É MOI NOVIÑA E NESTES DÍAS AS NOITES INDA VEÑEN MOI FRÍAS, POLO QUE IMOS AGARDAR A QUE SE ACHEGUE MÁIS O VERÁN PARA QUE VAIA VIVIR DEFINITIVAMENTE CON ELAS.

A CONTINUACIÓN ENSÍNOVOS UNHAS FOTOS DAS QUE SERÁN AS SÚAS NOVAS AMIGAS. FIXÁDEVOS NO TAMAÑO QUE TEÑEN!!! NINJA,QUE NON SAE NA FOTO, MIDE UNS 7 cm, MENTRES QUE A MÁIS GRANDE DAS OUTRAS CATRO MIDE 22cm!!

 

CUMPREANOS DO MES DE FEBREIRO

QUERIDAS FAMILIAS AQUÍ VOS DEIXAMOS AS FOTOS DOS CUMPREANOS DO MES DE FEBREIRO!!. MOITAS FELICIDADES A TODOS!!

CANTA EMOCIÓN ANTES DE SOPLAR AS VELAS!!!. FOI UN DÍA MOI ESPECIAL!!

AQUÍ ESTAMOS ABRINDO OS REGALIÑOS!! 

 

GRACIAS FAMILIAS!

CUMPREANOS DO MES DE XANEIRO

O TEMPO PASA TAN RÁPIDO QUE XA CHEGOU O MOMENTO DE CELEBRAR OS ANIVERSARIOS DO MES DE XANEIRO.

CUMPRIRON ANOS OS MAIORES DE EDUCACIÓN IFANTIL, MARTINA E LUISMA E FIXERON 6 ANOS!! 

MIRADE ALGUNHAS FOTOS DESE DÍA!!

MOITAS FELICIDADES CHICOS!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut