PROXECTO: RECONTANDO CONTOS

Despois de traballar os animais no 1º trimestre e a astronomía no 2º, neste terceiro trimestre, nas aulas de Educación Infantil estamos traballando as matemáticas a través dos contos.

A aula de 5 anos escolleu o conto dos "101 dálmamtas" e a partir del e dos seus personaxes estamos traballando a comparación de cantidades, os conceptos "máis que", "menos que", "tantos como", "os mesmos ca", os números ata o 20... e tamén a súma a partir da decena.

Estamos facendo tamén un libriño como as veces anteriores e estanos gustando moito.

Mirade algunhas fotos de como traballamos:

Este foi unh amanualidade na que traballamos moi duro e que nos encantou!!!

O marco de fotos leva pola parte de atrás un imán para poder poñelo onde nos apeteza!!

 

 

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design