Skip to Content

Ed. infantil

COMEZAN A CHEGAR AS CABAZAS E BASOIRAS A ESCOLA!!. AULA DE 4 ANOS.

Estamos a piques de celebrar o Samaín e na aula de 4 anos xa comezan a chegar as primeiras cabazas e basoiras!!

 

 

 

20 CURTAMETRAXES PARA EDUCAR EN VALORES A NEN@S DE CALQUERA IDADE

NAVEGANDO POLA WEB, ATOPAMOS EN "www.educaciontrespuntocero.com" UNHA SELECIÓN DE 20 CURTAMETRAXES A TRAVÉS DAS QUE TRABALLAR OS VALORES COS NOS@S ALUMN@S.

TRABALLAMOS A PSICOMOTRICIDADE FINA NA AULA DE 5 ANOS

A MOITOS DE NÓS INDA NOS CUSTA FACER DETERMINADAS ACTIVIDADES QUE ESIXEN MOVEMENTOS ESPECÍFICOS DE MANS E DEDOS. POR ISO ESTAMOS FACENDO DIFERENTES ACTIVIDADES DE ENSARTAR, APILAR, ATORNILLAR... PARA TRABALLAR A MOTRICIDADE FINA.

AQUÍ VOS ENSINAMOS UNHA DESAS ACTIVIDADES BEN SINXELAS PERO COA QUE GAÑAMOS MOITA PRECISIÓN NAS NOSAS MANS. PODÉMOLO FACER NAS NOSAS CASAS CON COUSIÑAS PARECIDAS!! ANIMÁDEVOS!!

 

 

LECTURA COMPARTIDA EN 5 ANOS!

Na aula de 5 anos continuamos coa lectura compartida. A nós encántanos ler contos os uns aos outros e desta vez Iker foi o encargado de lernos un contiño.

Fíxoo moi ben e agradecémosllo moito!

 

PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN. AULA DE 4 ANOS.

O Samaín ( 31 de  outubro) é unha festividade celta que celebra o rematé do verán e o comezo das colleitas do outono. Esa noite ( o mundo dos mortos entra en contacto co mundo dos vivos)  os celtas deixaban cabazas nas portas das casas e nos cruces de camiños para guiar o camiño das ánimas en pena. 

No colexio estámonos preparando para esta festividade e comezamos a facer as cabazas coas que decoramos o pasillo!! É unha festa terrorífica que nos encata e na que o pasamos moi ben!. 

Aqui vos deixo unha mostra do noso traballo. 

 

 

O HABITAT DO LOBO, O ELEFANTE E A BALEA!! 3, 4 E 5 ANOS.

Como sabedes este primeiro trimestre as aula de infantil están a traballar os animais dende o ámbito da bioloxía. A aula de 3 anos está a traballar o lobo, a aula de 4 anos a balea, e a de 5 o elefante.

Xuntámonos tódalas aulas de infantil para coñecer  o hátibat dos animais que estamos estudiando, e para isto subimos á sala de música onde presentamos os animais a través de contos e videos. Tamén aproveitamos o encerado dixital para ver imaxes de distintos hábitats e reflexionar entre todos onde vivian cada un dos animais traballados e deste xeito asociar animal e hábitat.

Foi unha actividade moi dinámica e entretida.

Aqui tendes o loboooo!!. que o presentamos a través do video dos tres porquiños e o lobo!

E agora a balea Marina que foi presentada a traves dun conto!

LECTURA COMPARTIDA EN 5 ANOS

ESTA SEMANA FORON ALBA E LUISMA OS QUE NOS QUIXERON LER UN CONTO A TOD@S @S DA CLASE DAS ESTRELAS.

GRAZAS!!

 

O ELEFANTE EN 5 ANOS

ESPERAMOS QUE XA VIRADES O CONTO DE ELMER E QUE VOS GUSTARA MOITO.

A NÓS ENCÁNTANOS!!!

SABEMOS DE MEMORIA AS SÚAS NOVE CORES, SABEMOS QUE É UN MAMÍFERO, SABEMOS QUEN O ESCRIBIU, EN QUE CADRO SE BASEARON PARA FACELO TAN BONITO E... POUCO A POUCO IREMOS SABENDO MOITAS MÁIS COUSIÑAS DOS ELEFANTES!!

MIRADE ALGUNHAS FOTOS DE COMO IMOS TRABALLANDO NA CLASE, NO MURAL E NOS LIBRIÑOS QUE ESTAMOS FACENDO POUCO A POUCO PARA LEVAR PARA A CASA!!!

 

COLOREAMOS O NOSO ELMER!

 

 

LECTURA COMPARTIDA EN 5 ANOS!

DESTA VEZ FORON CARLOS E MARTINA OS QUE NOS QUIXERON LER UN CONTIÑO!

ELIXIRON UN BEN BONITIÑO DE MICA E DO PARRULO.

E FIXÉRONO MOI BEN!!

GRAZAS COMPAÑEIROS!!

 

A CURMÁN DE MARINA . A BALEA ELENA. AULA DE 4 ANOS

PRESENTOVOS A ELENA A CURMÁN DE MARINA, A NOSA PROTAGONISTA DE AULA ESTE TRIMESTRE.

SE PINCHADES NA IMAXE PODEREDES VER O VIDEO DE ELENA.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut