DESPEDIMOS Á NOSA TARTARUGA

Estamos a finais de xaneiro e xa logo vai facer un mes que Ninja xa non convive con nós na nosa aula.

Estivemos coidando dela máis dun ano con moito cariño e con moito traballo. Pero despois de averiguar todos os coidados que vai necesitar cando vaia medrando inda máis e o importante que é a tranquilidade e a compañía doutras amigas da mesma especie; decidimos entre todos/as que sería mellor que marcharse para un estanque cunhas mellores condicións.

Inda non é o momento axeitado de trasladala polas baixas temperaturas que soportamos, pero en breve veremos a través de fotografías como é a súa nova vida. Polo de agora inda está na casa da mestra agardando que medre un pouco máis e a calor nos acompañe.

De todos modos, non queremos deixar pasar a oportunidade de ensinarvos unha foto do día da despedida que tiñamos pendente de publicar. Ninja case non se ve, pero se vos fixades ben aí está nas mans da profe!!!

Deunos moita pena despedirnos dela, pero sabemos que é o mellor.

Ata sempre Ninja!!

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design