SÚPER VISITA AO RIAZOR

Onte, os nenos e nenas de 6º, fomos de excursión á Coruña, nin máis nin menos que ao estadio de Riazor.

Nada máis chegar, fomos á Deportenda, mercar: pulseiras, chaveiros, bolígrafos...

Unha vez dentro, un guía explicounos a historia do Dépor, visitamos os vestiarios, sentámonos nos banquillos dos xogadores, no palco presidencial... e finalmente viñeron dúas xogadoras e dous xogadores contestar dúbidas e firmarnos autógrafos.

Sacamos moits fotos e vídeos, pasámolo xenial, aquí vos deixamos algunhas imaxes da nosa visita.