Novembro 2018

EDUCACHEF

FIXEMOS UNHA BRUXA CON FROITA

Todo o colexio, por motivo do Samaín, fixemos un obradoiro de cociña saúdable. Fixemos cunha mazá, unha cenoria, uvas ,e para decorar queixo e chocolate , unha bruxa. Pasámolo moi ben e gustounos moito. As clases de 5º e 6º divertíronse un montón!!!!!

Deixámosvos unhas fotos para que vexades o ben que estivo.

 

REPASO COORDENADAS SOCIAIS

XOGO COORDENADAS

Pinchade nas imaxes para seguir practicando a localización de coodenadas nun mapa. Divertídevos repasando Sociais!!!

 

 

 

 

REPASO ELECTRICIDADE NATURAIS

REPASA A ELECTRICIDADE

            Pincha na  imaxe para aprender máis sobre a electricidade.

 

 

SAMAÍN

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Celebramos o samaín no cole!! Viñemos disfrazados de algo que metera moito medo e despois cantamos unhas canción que preparou a profe de música. Foi un día moi divertido!!!

 

 

SAÍDA A BUÑO

VISITAMOS O MUSEO DE BUÑO

A clase de 5º e 6º de primaria  fomos, o venres 16 de novembro de visita ao museo de Buño. Alí ensináronnos como se facía a cerámica de Buño antigamente, visitamos o seu museo e despois puidemos modelar as nosas propias tazas, vasos, lapiceiros... Pasámolo moi ben e aprendimos un montán sobre modelar o barro!! Deixámosvos unhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos.

 

 

SAÍDA Á CASA DA CULTURA

IMOS A CASA DA CULTURA

A clase de 5º EP fomos este luns día 26 de novembro a ver un espectáculo de A Tropa de Trapo" Ti tamén contas", no que nos contaron diferentes historias con música, onde nos facían reflexionar sobre diferentes aspectos como: o traballo infantil, o materialismo, o respecto, a liberdade , a igualdade...Temas que tamén tratamos na clase pola celebración do Día dos Dereitos do Neno e a Nena.

 

 

VISITA AO IES.MONTENEME

OBRADOIRO ROBÓTICA NO IES MONTENEME

As clases de 5º e 6º recibirán diferentes obradoiros de robótica, impresión 3D... no IES Monteneme por parte dos estudantes do instituto. A colaboración entre o colexio e o instituto parte, entre outros proxectos do centro polo plan de formación do profesorado sobre robótica , o Proxecto de iniciación á robótica e programación para o alumnado de 5º e 6º  de  EP,etc.

Este martes día 27 de novembro tocoulle a quenda á clase de 6ºEP . Alí puideron seguir aprendendo a programar os MBOTS, inicíaronse na impresión 3D... fOI UN DÍA MOI INTERESANTE!! A clase de 5º tocaralles ir o vindeiro martes día 3 de decembro.