Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

5º de Educación Primaria

5º de Educación Primaria

5ºB SEMANA DO 1 DE XUÑO

Ola a tod@s!!!

Xa estamos en xuño e só queda pouco tempo para as vacacións. Ademais o sol estanos acompañando así que entendo que cada vez dea máis pereza o traballo.

Déixovos o de esta semana das 5 materias principais. En snappet tamén hai contido novo en "listas de traballo" pero recordade que tedes que rematar primeiro o das "leccións" para que volo deixe ver e facer.

Como despedida deste ano tan particular gustaríame que tod@s puideramos vernos nunha videoconferencia. Será o mércores ás 12.00 e espero que poidades asistir tod@s. Para facela enviareivos un email cun enlace no que tedes que clicar e xa vos conecta directamente.

Para que o mércores saia ben, decidín facer mañá unha proba, por iso tedes un email para mañá ( o que queira e poida que se conecte, será un momento para ver que tal funciona). Podedes usar móbil, tablet ou ordenador. Algúns/algunhas me escribístedes dende diferentes correos polo que asegurádevos de que o teñades porque pode ser que volo enviara a un que usades menos (nese caso avisádeme que volo volvo mandar ao que vos veña ben).

O tema do venres será "A despedida". Será unha actividade de expresión oral (ASAMBLEA) na que cada quen me contará que espera deste verán e como vos sentides despois destas semanas confinad@s.

Entón, espero vervos mañá e a ver que me contades o mércores.

Unha aperta moi grande.

 

TAREFA 5ºA 1-6-2020

Actividades para o ALUMNADO DE APOIO en matemáticas 1_06_2020

Bo día alumn@s, déixovos aquí as actividades de apoio de mates desta semana.

Moito ánimo que xa falta moi pouquiño para poder relaxarvos e desfrutar do verán!

Xulio.

 

Planificación semanal:

Luns: PDF Semana 1 exercicios 1, 2, 3.        PDF Cálculo: 3 divisións, 2 multiplicacións.

Martes: PDF Semana 1 exercicios 4, 5, 6.      PDF Cálculo: 2 divisións, 3 multiplicacións.

Mércores: PDF Semana 1 exercicios 7, 8.     PDF Cálculo: 3 divisións, 3 multiplicacións.

Xoves: PDF Semana 1 exercicios 9, 10.     PDF Cálculo: 2 divisións, 2 multiplicacións.

Venres:  PDF Cálculo: 4 divisións, 2 multiplicacións, 1 problema.

TAREFAS 5ºA e 5ºB de MATEMÁTICAS 01/06/2020

Bos días alumn@s, aquí tedes as actividades de mates desta semana.

Moito ánimo que xa falta moi pouquiño para poder relaxarvos e desfrutar do verán!

Xulio.

 

Planificación semanal:

Luns: PDF Semana 1 exercicios 1, 2, 3.        PDF Cálculo: 3 divisións, 2 multiplicacións.

Martes: PDF Semana 1 exercicios 4, 5, 6.      PDF Cálculo: 2 divisións, 3 multiplicacións.

Mércores: PDF Semana 1 exercicios 7, 8.     PDF Cálculo: 3 divisións, 3 multiplicacións.

Xoves: PDF Semana 1 exercicios 9, 10.     PDF Cálculo: 2 divisións, 2 multiplicacións.

Venres:  PDF Cálculo: 4 divisións, 2 multiplicacións, 1 problema.

TAREFA 5ºA 29-5-2020

Queridos rapaces/as:

O noso cruceiro virtual polo Mediterráneo chega ao seu fin. Guay

Pero aínda nos queda a última escala.

Chegamos a España. Esta vez atracamos nun dos portos marítimos máis importantes do Mediterráneo, o  porto de Tarragona. Xa imaxinaredes cal é o noso destino antes de voltar á casa.

 PORT AVENTURA!!!!

 

SOLUCIÓNS Actividades para o ALUMNADO DE APOIO en matemáticas 29_05_2020

Ola alumn@s, déixovos aquí as solucións de matemáticas desta semana. 

Por esta semana iso é todo, que pasedes moi boa fin de semana! 

Xulio.

5º A e B: SOLUCIÓNS MATEMÁTICAS 29_05_2020

Bo día alumn@s, tedes aquí as solucións das actividades de matemáticas desta semana. 

Que teñades moi boa fin de semana! 

Xulio

TAREFA 5º A 28-5-2020

TAREFA 5ºA

Hola chicos/as.

Como hoy tenemos la recogida de material, os propongo una pequeña actividad.

Distribuir contido


by Dr. Radut