Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

5º de Educación Primaria

5º de Educación Primaria

TAREFA 5ºA 26-5-2020

ACTIVIDADES PARA EL ALUMNADO DE APOYO- AUDICIÓN Y LENGUAJE

BUEN LUNES A TODOS/AS Risa

Os dejo en esta publicación los siguientes documentos:

- Soluciones de los ejercicios realizados la semana anterior (semana del 18-22, mayo).

- Actividades propuestas para esta semana respecto a las dos lenguas: L.Castellana y L. Gallega.; y actividades que nos ayudan a reforzar y mejorar en el ámbito de la lectoescritura.

 

¡ÁNIMO Y BUENA SEMANA!

Estoy a vuestra disposición para lo que necesitéis.

 

Alba. 

5º B Solucións de Mates da semana pasada.

Ola. Tedes que perdoar pero extraviei o archivo das solucións de mates e metín outro sen querer. Este que adxunto é o correcto. Un saúdo.

TAREFA 5ºA 25-5-2020

Actividades para o ALUMNADO DE APOIO en matemáticas 25_05_2020

Ola alumn@s, estas son as actividades de matemáticas desta semana. 

Moito ánimo! 

Xulio. 

TAREFAS 5ºA e 5ºB de MATEMÁTICAS 25/05/2020

Bo día alumn@s, aquí vos deixo as actividades de matemáticas que tedes que realizar esta semana. O venres xa vos subo as solucións. 

Un saúdo, 

Xulio. 

5ºB SEMANA DO 25 DE MAIO

Ola a tod@s: Xa nos queda moito menos para acabar o curso e para librarnos deste virus que nos cambiou a vida a todos/as. Axiña entramos na fase II, polo que xa poderedes saír máis e, incluso, ir á praia se o tempo acompaña. Polo tanto, déixovos pouquiño traballo para que poidades dedicar o tempo a esquecer os malos momentos desta etapa. Velaquí vai:

Tal como vos dixera, de Plástica e Valores dinvos máis tempo para presentar os traballos e os que vos deixo agora son ata fin de curso, non poñerei nada máis.

No caso de Valores son unhas preguntas da actualidade para reflexionar. Podedes contestar a través dunha presentación ou cunha redacción. Como prefirades. É posible que necesitedes buscar información en algún caso.

No caso de Plástica, tedes dúas tarefas: A e B. Na tarefa A tedes que escoller só dúas figuras para construír, as que queirades. Na tarefa B hai que debuxar unha figura, só unha, aínda que haxa tres opcións. Xa que o mércores vides a buscar o voso material, podedes levar os blocs e facelos aí. Non esquezades compás e reglas.

Repito que de Valores e Plástica non volverei a mandar máis tarefas. Entregaranse a fin de curso con todo.

Con respecto ao demais déixovos as tarefas desta semana e as solucións da pasada.

Boa semana a tod@s!!!

TAREFA 5ºA 22-5-2020

Queridos rapaces/as:

Quero tranquilizarvos en relación co tema de presentación dos traballos que teñades feitos ata agora. Non vos agobiedes agora porque ao mellor non fixestes todo. As actividades eran propostas que adaptariades ás vosas posibilidades. Estou segura que todos fixestes o que puidestes. Por favor, non vos preocupedes. Moitos de vós estivestes enviándome diferentes cousiñas que iades facendo, así que non sería necesario que trouxerades nada. Déixovolo á vosa elección. Con isto o que se pretende é valorar o voso esforzo durante este tempo de confinamento. Nunca se valorará negativamente. Non lle baixarei a nota a ninguén con relación á segunda avaliación. 

Estade atentos ás instrucións que se vaian mostrando estes días na páxina web principal.

Boa fin de semana a todos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut