Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

5º de Educación Primaria

5º de Educación Primaria

TAREFAS 5º A

TAREFA 5º A

TAREFAS 5º A

TRABALLO DE GALEGO PARA 5º A E 5º B

Correccións das actividades de Ciencias de quinto B

Ola a tod@s!Espero que esteades moi ben e sigades tendo ganas de traballar un pouquiño desde a casa. Xa sabedes que temos que continuar este confinamento dúas semanas máis polo que vouvos mandar algunhas actividades para ir repasando na casa.

De Lengua trátase de facer un diario en castelán no que contedes as vosas vivencias e sentimentos desta situación.

De Galego consiste nun traballo sobre a biografía de Carballo Calero. A cada un/unha de vós tocouvos unha parte da súa vida da que vos tedes que informar, redactala e debuxala. Non pode ser máis grande que media carilla. Tamén lle tedes que dár cor. Mañá apareceravos o ficheiro para descargar a información e para saberdes que parte da vida do escirotor lle tocou a cada un de vós.

De Matemáticas tedes unha nova ficha de repaso que podedes facer aínda que pronto empezarei a explicar o tema novo (subiuna Xulio).

Ademais en snappet hai novo contido para que sigades repasando.

De ciencias subo as correccións das actividades que vos propuxen.

Xa que o tema 6 de naturais é moi faciliño e tamén é dos ecosistemas, pronto o empezaremos.  Polo de agora ide correxindo isto e repasade das ciencias.

TAREFA DE INGLÉS PARA 5º

Ola, rapazas e rapaces.En vista de que esta situación de illlamento se alonga, decidimos que debedes de repasar un pouco de Inglés, para que non perdades a práctica, Como tiñamos pendente avaliar a Unidade 2, pensei que estaría ben que repasásedes os apuntes que vos din e fixésedes os exercicios de "revision" da páxina 26.

Espero que isto se solucione axiña e que deseguida poidamos vernos todos, Un bico e ánimo.

Actividades de repaso de MATEMÁTICAS U.7 24/03/2020

Bo día alumn@s, espero que esteades levando esta corentena o mellor posible. Recordade facer algo de exercicio, divertirvos, debuxar, ler e aproveitar o tempo!

Supoño que xa o estades facendo pero é recomendable que teñades un horario e que cada día estudedes ou fagades as actividades á mesma hora, preferentemente ás primeiras horas da mañá.

Tamén deberiades facer algún tipo de actividade física que vos axude a mellorar o voso estado de ánimo, así como realizar actividades que vos gusten e vos distraian das noticias que moitas veces poden angustiarnos.  

Aquí tedes as actividades de repaso da U.7 de matemáticas para esta semana, se tedes calquera dúbida podedes consultarma a este correo electrónico: pedagoxiaterapeutica22@gmail.com

 

As solucións subireinas o 27/03/2020.

 

Unha aperta moi grande e moito ánimo que pronto sairemos desta!

TAREFA 5º A

Snappet 5º A

Distribuir contido


by Dr. Radut