Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

5º de Educación Primaria

5º de Educación Primaria

Aulaplaneta PARA 5º B

Ola!! Déixovos usuarios e contrasinais para aulaplaneta. Se tedes algunha dúbida contactádeme.

Espero que vos guste. 

Un saúdo.

TAREFAS 5º A

5º B. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL Sociais

Finalmente só subín en pdf e teríadelo que pasar a word se queredes continuar o esquema a ordenador.

5º B. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

5º B. SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

Ola de novo!!

Aquí atoparedes traballo de Naturais e Sociais, así como as instrucións de aulaplaneta e snappet.

De snappet incorporáronse máis actividades.

En aulaplaneta subireivos o arquivo para que poidades entrar con usuario e contrasinal.

Hai actividades de LENGUA E GALEGO(talleres de ortografía) , de Mate (problemas e operacións) e de ciencias. O traballo das ciencias acabaría despois de Semana Santa, cando xa avanzaríamos. O que tedes , polo de agora, é de repaso dos ecosistemas e a organización territorial con videos, presentacións, explicacións e exercicios. Todo para repasar e ampliar o xa dado na clase.

De Naturais adxúntovos un arquivo coas preguntas do tema 6 (lede o tema e contestade). Cando acabedes podedes facer unha presentación en power point para practicalo.

De Sociais tedes que acabar o esquema que xa explicáramos na clase. Súbovolo en pdf e word por se alguén quere continualo a ordenador. Hai que poñer  as funcións de cada institución e as sedes (en Europa).

DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Queridas familias,

Dende o Departamento de Orientación queremos informarvos de que tedes á vosa disposición un documento con algunhas pautas e suxestións para traballar cos vosos fillos e fillas, especialmente con aqueles con necesidades específicas de apoio educativo. Podedes atopalo nesta páxina web no apartado de “Orientación”.

Así mesmo, contades con numerosos recursos e orientacións máis específicas para o alumnado que recibe apoio educativo por parte dos especialistas de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe nos apartados correspondentes.

 

Grazas pola vosa colaboración e moito ánimo

TAREFA 5º A

Distribuir contido


by Dr. Radut