Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

5º de Educación Primaria

5º de Educación Primaria

TAREFA 5ºA 21-4-2020

TAREFA 5º A 20- 4- 2020

Actividades de reforzo en matemáticas 5º 20/04/2020

Bo día alumn@s ¿como vai todo? Espero que esteades ben e que desfrutarades da fin de semana.

Aquí tedes as actividades de repaso de matemáticas planeadas para esta semana. Subirei as solucións o día 24/04/2020Como sempre vos digo, podedes consultarme dúbidas ou escribirme suxestións a este enderezo de correo electrónico: pedagoxiaterapeutica22@gmail.com

Tamén quería comentar ao ALUMNADO DE APOIO en matemáticas, que aínda que supoño que xa vos destes conta podedes contactar comigo a través dese correo electrónico para todo o que necesitedes.  

Por último, quero recordarvos que sigo subindo recomendacións e pautas sobre diferentes temas no meu apartado da páxina web Ped. Terapéutica 2: sobre o alumnado con TDHA, pautas para evitar a fatiga visual estes días, estratexias para levar o confinamento o mellor posible...

Un saúdo e moito ánimo!

Tarefas para 5ºB na semana do 20 de abril

Ola a todos/as: Aquí tedes as actividades para facer esta semana. As de Galego, Lengua, Mates, Naturais e Sociais subiranse correxidas ao final da semana.

As de valores e Plástica son para dentro de 3 semanas (tedes máis tempo porque só hai unha hora á semana no noso horario para facelas).

Quero destacar que en Galego volvinvos  poñer a actividade das Letras Galegas porque son moitas páxinas e dende o outro día non vos daría tempo de acabalo e son importantes.

De Sociais seguimos con Historia, o tema da poboación deixámolo mellor para fin de curso(porque é máis complicado de dar que o de Historia), a ver se podemos volver e tratalo no cole.

Adxúntovos tamén a carta que lle enviei ás familias para que saiban as directrices a seguir neste trimestre.

En aulaplaneta tedes actividadses novas sobre os temas de ciencias ( da materia e a historia).

Moito ánimo que parece que pronto nos van deixar saír un pouquiño!!!

TAREFA 5º A 17-4-2020

aviso 5ºA 16-4-2020

Tedes que perdoar, hoxe tiven un problema técnico e non puiden subir as actividades ata agora.

Un saúdo.

TAREFA 5ºA 16-4-2020

Distribuir contido


by Dr. Radut