Actividades

ALGO ESTASE A COCER ...

 

 

                XA QUEDA POUCO PARA REMATAR, PERO ALGO ESTASE A PREPARAR...TEDE COS OLLOS BEN ABERTOS,...UNHA PISTA...

 

                  

IBOTS E OS TABOEIROS DE MASCOTAS

                      

                     Ca colaboración e traballlo conxunto da nosa biblioteca, tivemos a ocasión de disfrutar dos "IBOTS", uns divertidos robots que móvense por riba duns taboeiros seguindo as nosas instruccións. Trátase de facer accesible a tecnoloxía no ciclo de infantil, dende o xogo e a creatividade, sentando as bases da programación no mundo dixital, que anos máis tarde terá o seu reflexo en cursos superiores.

             Na procura das mascotas e as súas cousas, ían pedíndolle aos robots, tecleando no seu lombo as órdes, os movementos que precisaban para chegar ao seu obxectivo.

                     "parece máxia, fai o que lle dicimos" repetían os cativ@s.

 

                      

             

A NOSA MASCOTA DIXITAL

              Despois de coñecer as necesidades das mascotas, foron quén de entender que non todos podían ter nos seus fogares a responsabilidade de atender unha mascota... pero buscamos unha solución...Crear unha mascota dixital cunha app na tablet de profe Auri. 

             Tiñan que erguelo da camiña, bañalo, cepillalo, facer a compra con moedas na neveira e darlle de comer. Ademáis precisa de xogar, sair ao xardín, no que teñen que limpar, eliminar abellas,... así é máis doado practicar e decidir con sentidiño se de maiores terán esas tarefas de verdade.

             

             

IOGA COAS MASCOTAS

O  ioga  e a meditación nos axudan a mellorar a nosa concentración e a nosa capacidade atencional, ademais de relaxarnos e axudarnos a mellorar aspectos da nosa saúde como a postura corporal.No Frian en 5 anos o instauramos como técnica rutinaria na nosa aula polo menos dous días á semana e os resultados son incribles.

Co motivo do proxecta " Amigos de corazón" e o moito que nos gustan as mascotas, o ioga é as posturas de mascotas estaban moi relacionadas. Así que aquí vos deixamos algunhas das posturas que practicamos por se queredes traballalas na casa.

A nós nos encantan!!!

 

CREAMOS XOGOS

    GUSTOUNOS TANTO A ACTIVIDADE DA PROCURA DE OVOS DE PASCUA QUE ENTRE TODOS DECIDIMOS FACER UN XOGO DE MESA INSPIRADO NA MESMA ACTIVIDADE DA BUSCA DOS OVOS.

     NESTE CASO, TINGUIMOS CON TÉMPEDA VERDE PASTA PARA SEMELLAR A HERBA DO PRADO, EN DENTRO ENGADIMOS SILUETAS DE COELLOS E FICHAS REDONDIÑAS A MODO DE OVOS.

      O RETO CONSISTÍA EN PROCURAR CANTOS MÁIS OVOS POSIBLES NUN TEMPO DETERMINADO PERO SÓ EMPREGANDO CULLERES PEQUENAS, SEN LEVAR HERBA DO PRADO E LOGO FACER CORRECTAMENTE O RECONTO DO BOTÍN ACADADO. AGORA XA FORMA PARTE DO NOSO CONXUNTO DE XOGOS DE MESA.

Powered by Drupal - Design by artinet