Actividades

MASCOTAS CON MATERIAL DE REFUGALLO

Son tantos os materiais cos que contamos para facer manualidades que ás veces nos esquecemos de que os materiais de refugallo son os máis utiles e que fomentan a nosa creatividade. Con caixas de ovos realizamos cadros das nosas mascotas favoritas. 

 

 

UNS LAPBOOK ORIXINAIS

                          

 

                ESTE TRIMESTRE OS CATIVOS DE TRES ANOS FIXEMOS O NOSO LAPBOOK DOS NOSOS PROXECTOS DO CINE E DA MASCOTAS.NEL PEGAMOS A FOTO DA MASCOTA QUE TEMOS NA NOSA CASA OU QUE NOS GUSTARÍA TER E FIXEMOS O SEU NOME CO SELO DE LETRAS.

 

 

 

A PEGADA DO HOME NO PLANETA

        Despois de ver a cantidade de animais e sitios nos que poden vivir, xurdiulles a preocupación de quén coidaría oas animais salvaxes. ocorréronselle moitas maneiras de axudar, tales como non encher os mares e rios de lixo, non gastar moita agua,... polo que preparamos unha actividade de motricidade fina na que debían sacar o lixo das augas do océano sen sacar a auga, para que así os animais mariños puideran seguir a salvo. Foi todo un éxito.

                              

Conto "ANIMALES DEL MUNDO CON MAISY"

            Dende a nosa biblioteca chegounos un conto no que "Maisy" axudounos a ver os diferentes ecosistemas dos animais, entendendo a organización e equilibrio da natureza.

                  

ESCOITAMOS ANIMAIS

                        

 

             ESTIVEMOS AGUDIZANDO OS OÍDOS PARA PODER IDENTIFICAR DISTINTOS ANIMAIS SEGUNDO O SEU SONIDO EMITIDO, E DICIR SE ERAN OU NON MASCOTAS. HOUBO MOITAS SORPRESAS E RISAS.

Powered by Drupal - Design by artinet