AVISO IMPORTANTE: SECRETARÍA

 
Reserva de praza para cursar 1º ESO no IES República Oriental do Uruguai 
 
Dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro (ambos incluídos) está aberto o prazo de reserva de praza no centro adscrito IES República Oriental do Uruguai. Polo que, é necesario que presentedes a solicitude no caso de que os/as vosos/as fillos/as vaian cursar 1º da ESO en dito centro, durante o vindeiro curso escolar 24/25.
 
Podedes facelo dunha das seguintes formas:
 
- Presentación electrónica a través da aplicación  informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), cubrindo o modelo ED550A e o Anexo I-bis. Para elo, é necesario que dispoñades de certificado de identidade e sinatura dixital ou Chave365.
 
- Presentación presencial na secretaría do noso centro. Neste caso, podedes solicitarnos a documentación a cubrir ou ben descargala na aplicación admisionalumnado e imprimila.
 
Para calquera dúbida podedes contactar coa secretaría do centro, en horario de 9:00 a 13:30h, de luns a venres.
 

Powered by Drupal - Design by artinet