Protexe ós animais

COIDEMOS O PLANETA

 

PROTEXAMOS OS ECOSISTEMAS DA NATUREZA

             Xurdiu nas conversas da asamblea, que os animais domésticos estaban atendidos nas casas como un máis da familia, recibindo coidados e cariño,pero que os salvaxes non tiñan que os coidara. Plantexouse a pregunta de cómo poder axudar tamén aos salvaxes para que tiveran unha boa vida.

             Foi cando rápido xurdiu a necesidade de coidar a natureza, rios, mares, bosques e ser responsables ca pegada do ser humano nela. Ollamos imaxes de mares cheos de lixo, animais sen comida nos bosues queimados,...  de aqui xurdiu a idea de crear un xogo de destreza motriz no que debían retirar os plasticos e lixo do océano sen quitarlles a auga, para que puideran seguir nadando, e a verdade que foi todo un éxito.

¿ SALVAXE OU DOMÉSTICO ?

     Falando de mascotas, estivemos lendo o conto "Animales del mundo con Maisy" e atopamos que había variedade de especies diferentes das que tiñan nas súas casas,.

     De tódolos animais, alucinaron con que que o camelo fora un animal doméstico noutras culturas, con outros que coñecían pero cos que non poderían convivir, xa que eran "salvaxes" , e deberían vivir en liberdade para ser felices... Así decidimos organizar os nosos animais segundo foran domésticos ou non, as súas características.

     Tamén fixeron reconto gráfico de animais, na procura dos domésticos. 

 

NESTE NADAL ,NON PIDAS UN ANIMAL!!!

Comezamos este novo proxecta que titulamos "Amigos de corazón", non deixando pasar a oportunidade nestas datas de Nadal para concienciar á poboación de que nestas festas os animais non son xoguetes.

Os nosos cativos de Educación Infantil o teñen moi claro.Por iso relacionado co PDI do centro " Un ano de película" crearon uns spots publicitarios para concienciar sobre o tema.

Powered by Drupal - Design by artinet