Actividades

NA PROCURA DAS LETRAS!!!CONSTRÚE PALABRAS!!!

 No areeiro apareceron unha morea de letras e uns carteis para compoñer relacionados co vocabulario do proxecta "Amigos de corazón". Como nos gusta a lectoescritura e aínda máis se é de xeito sensorial e coa area!!!

SOMBRAS NA GRANXA

                    

 

          XOGAMOS A ATOPAR OS ANIMAIS AGOCHADOS NAS SOMBRAS, E DESPOIS TAMÉN SACABAN A PASEAR VARIOS ANIMAIS PERO COS OLLOS TAPADOS DESPARECÍA ALGÚN... 

CADRO DE ROMERO BRITTO

ENTRE TODOS FIXEMOS O NOSO CADRO PEGANDO DIFERENTES MATERIAIS E PINTANDO.

             

O FRÍO E AS MASCOTAS

                   COIDADOS CA CHEGADA DO FRÍO

 

                                 EXPÈRIMENTAMOS O FRÍO QUE PASAN OS CANCIÑOS AO NON LEVAR ZAPATOS CUN OBRADOIROEXPERIMENTAL.

                               

    

  LOGO DE BUSCAR UNHA SOLUCIÓN, APROVEITAMOS A MODELAR CA PLASTELINA O NOME DAS MASCOTAS E OS NOSOS.

  

"UNHA RECOLLIDA DE CINE"

Os nosos cativos están moi concienciados con axudar aos nosos "Amigos de corazón" e de axudar a todos aqueles que foron abandonados e coa axuda das protectoras poden saír adiante e atopar un fogar. Por iso levamos adiante a seguinte iniciativa que titulamos

"Unha recollida de cine".

Todos as aulas de Educación Infantil elaboraron unhas replicas duns lienzos do artista brasileño Romero Britto , do que é ben coñecido o seu amor polos animais. Todos os nosos cativos crearon e elaboraron estes lienzos utilizando diferentes materiais e técnicas. O resultado é sen dúbida precioso. Por iso queren sortear estes lienzos para todas as familias do Frian que queiran participar e axudar aos nosos peludiños.

Aquí vos deixamos o cartel desta iniciativa con todas as instruccións e un pequeno video resumo do traballo dos nosos pequenos e dos lienzos que formarán parte do sorteo solidario!!! 

 

RECOLLIDA A ENTRADA E SAÍDA NO PORTALÓN DE ABAIXO A PARTIRES DO 8 DE MARZO.

O SORTEO LEVARASE A CABO O DÍA 25 DE MARZO POR UNHA MAN INOCENTE!!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet