Actividades

A IMPORTANTE AXUDA DAS MASCOTAS

                Na vida das persoas ten moita importacia a axuda que prestan os animais,non só compañía, senón tamén en rescates, salvamento, apoio a persoas con algunha discapacidade, como os cans guías, mobilidade reducida... Poidemos ver aos cans en acción a través dunha selección de vídeos, quedando abraiados da intelixencia,fortaleza e delicadeza que amosaban. 

                 

CONTO "PELAMBRE"

 

 

                      Tivemos a ocasión de escoitar o conto de "Pelambre", un gatiño que non valoraba os coidados da súa dona Amelia, e que logo de escapar acabou por entender o esforzo da nena por telo coidado e protexido.

 

         

AS MASCOTAS ESTÁN DE MODA

             Co paso dos días, os cativos fóronse dando conta da presenza das mascotas en moitas ocasións da súa realidade. Decatáronse de que nos xerseis,calcetíns.. aparecían moitos animais domésticos. As mascotas son parte da moda.

         Xurdiu deles a idea de inmortalizar os días nos que na súa roupa levaban debuxos de mascotas, que para sorpresa, era a diario. Dunha forma moi divertida, cada vez que aparecía algún, tratabamos de contar algo de ese animal, e así enriquecer a nosa fala e coñecementos sobre as distintas especies e as súas necesidades.

 

              

              

CÓMO DEBUXAR UN GATO

      A clase de 5 anos A coa celebración do día da poesía, aproveitou para traballar un poema de Gloria Fuertes chamado "Como se debuxa un gato". Aquí temos o resultado das nosas creacións.

 

                      

DETECTIVES DE MASCOTAS

                    Por quendas, os disntintos grupos de Educación Infantil foron disfrutando ca mestra de apoio dun xogo cas mascotas coma protagonistas.

              Os animais fuxiron deixando pegadas e tiñan que procurar atopar aos causantes de tal misterio. Divertíronse moito seguindo os rastgros e traballando de xeito lúdico a discrinimación de formas, vocabulario... Un misterio peludo !!!

 

                

Powered by Drupal - Design by artinet