Actividades

COÑECEMOS A CADELA LAIKA

 

   A HISTORIA DE LAIKA

 

    Dende sempre os cans axudan ao ser humano, incluso en grandes xestas coma a investigación espacial. Coñecemos a historia de Laika, e cómo naqueles tempos non eran tan conscientes dos dereitos e necesidades dos animais.

    Escoitamos a historia e a canción de Laika, máis dedicimos que non a veríamos outra vez xa que afloraba neles unha mágoa tremenda por vela soíña alí no medio do espazo e morrer sen compañía. Entendemos que a pesares das necesidades da ciencia, os animais deben ser respectados e coidados. 

 

A aula de 3 anos A fai unha réplica dunha obra de Romero Britto

A aula de 3 anos A fai unha réplica da obra de Roberto Britto, dentro do Plan Proxecta COIDA AOS ANIMAIS.

UNHA HISTORIA DE AMOR: CHIÑO

    A mesma mestra Auri tíñanos unha sorpresa: levounos a clase o traballo no que presentaba a historia do seu can "Chiño".

    O pai da mestra atopuo a "Chiño" chorando ao lado dun colector de lixo, sendo un cachorriño recén nacido. Non puido deixalo alí só e levouno de sorpresa para a casa.Abriu a porta da casa e deixou que entrara para que a avoa non puidera dicir que non, e así foi. Non puido e logo chegou Gael, tamén un bebé, e dende ese momento comezou a grande historia de amor e amizade. Hoxe en día é un máis da familia, querido e coidado.

     

                                                                                        

MASCOTAS: PARTE DA NOSA FAMILIA

 

                      Iniciamos unha nova investigación para saber se nas familias os cativ@s teñen algunha mascota. Ca axuda dos seus familiares prepararon unha presentación para amosar a súa mascota, e os que non a tiñan puideron pensar na que lles gustaría ter. Estaban emocionados e coñeceron unhas historias moi divertidas.

MASCOTAS NO CINE

Son moitas as mascotas que se fixeron famosas por saír en algunhas películas de cine. Dende comezos da historia do cine . Dende Charles Chaplin ata chegar a películas de animación , os animais domésticos estiveron presentes nas nosas películas e cortos animados. Por iso o Equipo de Educación Infantil quixemos relacionar ambos proxectos como son " Amigos de corazón",co PDI do centro "Un ano de película",creando un recurso que creemos pode ser moi útil e divertido. 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet