Actividades

TANGRAM: XOGANDO E APRENDENDO

Ademais das regletas e outros xogos de lóxica-matemática , na clase de 5 anos B utilizamos diferentes materiais que existen dende moito tempo pero que son un recurso fantástico , divertido e que nos axudan a introducir conceptos de xeometría plana ,desenvolvendo así capacidades psicomotrices e permitindo ligar a manipulación correcta coa formación de ideas abstractas. 

Neste caso falamos do Tangram ,un xogo chino moi antigo pero cun gran valor pedagóxico.

Por outra banda nesta ocasión ligamos a utilización deste material co proxecta " Amigos de corazón" traballando co tangram as figuras relacionadas coas mascotas.  Manipulamos e creamos, pintamos e despois representamos. 

 

 

CREANDO SILUETAS

Traballamos as siluetas dos nosas mascotas: gatos, cans, tartarugas, coellos, hámsters... e as realizamos a través da estampación.

Aproveitamos para coñecer as letras que compoñen os seus nomes.

 

 

XOGOS DE MASCOTAS

Que mellor xeito de coñecer as mascotas que a través dos xogos. A través de diferentes xogos e actividades , os nenos de 5 anos B coñeceron diferentes aspectos das mascotas: seriación, agrupamentos, discriminación, lectoescritura...

                                

SERIACIÓN E CLASIFICACIÓN DE MASCOTAS 

 

                  

AS PEGADAS DOS ANIMAIS: CALES PODEN SER MASCOTAS?

                    

NÚMERO-CANTIDADE : CADA CAN CO SEU OSO!!!

                       

QUE ANIMAIS SON MASCOTAS??

                  

A MIÑA MASCOTA:O MEU AMIGO

"A miña mascota: o meu amigo". Todo os cativos de infantil lles encantan os animais pero sobretodo as súas mascotas. Algúns teñen mascotas nas súas casas e a outros lle gustaría telas. Pero o que si teñen claro e que as mascotas son os seus amigos, son parte da súa familia . Coñecen a importancia de coidalos, querelos e darlles protección. Por iso aproveitaron a oportunidade para presentarnos as súas mascotas e os coidados que necesitan.

Powered by Drupal - Design by artinet