Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

30 de XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

No presente mes de xaneiro traballaremos unha nova conmemoración: “Día escolar da Non Violencia e da Paz” (30 de xaneiro).

A pesar dos grandes avances en todas as áreas da vida, vemos como unha e outra vez repítense os mesmos erros. Parece que non somos capaces de convivir en paz. Cada día vemos nos medios de comunicación guerras, asasinatos, atentados... parece que a crueldade da humanidade non ten fin.

Desde a noso “pequeno mundo” queremos aportar unha luz de esperanza, queremos transmitir ao noso alumnado que a convivencia pacífica é posible. Trátase de falar e chegar a acordos, de buscar solucións aos problemas conxuntamente. Non debemos poñer os nosos propios intereses por riba dos intereses comúns. Temos que aprender a dialogar e a controlar as nosas emocións e sentimentos, poñéndonos sempre no lugar do outro. Todos somos iguais e debemos ser tratados do mesmo xeito, con moito respeto e educación, buscando compartir experiencias e medrar xuntos. Pois a vida en compañía disfrútase máis e mellor!

Grazas pola vosa colaboración e participación no noso proxecto educativo!

 

ACTO DO DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O venres 29 de xaneiro tivo lugar o acto central na pista polideportiva cuberta coas seguintes actividades:
1º Explicación da celebración.
2º Xogo: Aros musicais cooperativos: O record quedou establecido en 13 aros.
3º Xogo: Agrupamentos bailando "cuando me siento bien" de Efecto Pasillo.
4º Canción "Bajo el mismo Sol" de Álvaro Soler.
5º Baile colectivo, buscando amigos/as. O Cuchichí.

 

(O xardín donde sementamos a paz e medran as nosas flores solidarias)

 

 



story | by Dr. Radut