Renovación parcial do Consello Escolar
No Diario Oficial de Galicia de 8 de outubro de 2018, publícase o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, polo que se realizará proximamente neste centro a renovación parcial do Consello Escolar, instrumento de participación na vida do colexio de toda a comunidade educativa. As votacións tanto de profesorado como das familias será entre o 26 e o 30 de novembro de 2018.
Lembramos que o Consello Escolar está formado por:
- Directora (Presidenta).
- Xefa de Estudos.
- Secretaria.
- 5 mestres/as (Elixidos polo Claustro).
- 5 pais/nais (4 elixidos polos pais/nais e 1 proposto pola ANPA).
- 1 representante do Concello (a proposta do mesmo).
- 1 representante de servizos.
Nestas eleccións haberá que elixir tres representantes de nais/pais ou titores legais.
- 145 lecturas