Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Semana do 27 de abril ao 1 de maio

Ola a todas e todos!

Espero que tanto vós coma as vosas familias estedes en forma para afrontar esta etapa tan difícil, pero que seguro que si lle poñemos ganas e ilusión, aproveitaremos o tempo mellor!

Esta información que vou colgar na páxina web do centro, é para todo o alumnado que queira disfrutar dun ratiño de lecer, pero sobre todo para o alumnado de Infantil e 1º ciclo de primaria. Ao longo deste trimestre tratarei de realizar videochamadas en grupo ou individual, a través da webex co alumnado co que traballo habitualmente, e así podremos vernos as caras!!!! Si non fose posible buscaríamos a mellor maneira de facelo. De todos modos enviarei un correo as familias para manter o contacto diario e poder coordinar as sesións de traballo con elas. Faremos distintas actividades en cada sesión relativas a: Habilidades sociais, autocontrol e relaxación, autoestima e autoconcepto, emocións e sentimentos,  resolución de conflictos, psicomotricidade fina e grosa, lecto-escritura a través de contos e cancións, reforzo das materias sobre todo nos cursos superiores, manexo das novas tecnoloxías... Eu estou aberta a suxerencias e por suposto tratarei de resolver dúbidas e axudar na medida das miñas posibilidades ás necesidades que vaian xurdindo.

Moito ánimo e adiante!!!!!!

Se premedes a continuación veredes o enlace para instalar no voso computador: WEBEX (plataforma necesaria para facer as videochamadas). Enviarei un correo as familias para convocar as reunións. Estade atentas/os!!!!

Descargar WEBEX no ordenador https://www.webex.com/es/downloads.html

Servizo de videoconferencias Webex (alumnado)


 

Alumnado de 2º Ed. primaria

(Recomendado tamén para Ed. Infantil e 1º ciclo de primaria)

 

Semana do 27 de abril ao 1 de maio

 

1ª sesión

Obtén información actualizada sobre COVID-19.

 

Emna y Oliverio (COVID-19) (9:09)

Actividade: Colle un boneco e explícalle a algún membro da túa familia que é o

Covid-19.

Lavado de manos con los personajes de Sésamo (1:14)

Actividade: Vai ao cuarto de baño e practica o lavado de mans. 

YOGIC / Desafío Karaoke #yomequedoencasaconyogic(1:52)

 Actividade: Aprende e canta a canción.

Ejercicio "Respira" para niños (1:59)

Actividade: Agora e o teu turno, túmbate e practica a respiración.

 HAY SECRETOS – Canticuénticos (3:56) 

Actividade: Xa sabes que é un segredo. Tes algún segredo que debas contar aos teus

pais? 

LA HISTORIA DE MIMO Y LAS EMOCIONES (3:45)

Actividade: Debuxa os emoticonos das emocións. 

La Gran Pregunta - Ser justos (Capítulos completos) (5:05)

Actividade: Que é a xustiza para tí? Conta algunha experiencia na que non fosen xustos

contigo. 

 

2ª sesión

YOGIC / Yoga para Niños - CÁPSULA "Gracias, Thank You, Merci Beaucoup" (3:38)

 Actividade: Tócache practicar. Visualiza o video outra vez e trata de repetir os exercicios.

Giraluna, girasol - Canción infantil – Cantoalegre (3:30)

 Actividade: Debuxa un eclipse de sol.

Emociones y sentimientos | Canciones infantiles | LBB Junior (1:54)

 Actividade: Sentícheste así algunha vez? Que sucedeu no colexio para que te sentiras así?

Como se solucionou?

La Gran Pregunta - Familia (Capítulos completos) (5:05)

Actividade: Quen forma parte da túa familia? Hai algún membro da túa familia que non

coñezas? 

 

3ª sesión

YOGIC / Yoga para niños - Cápsula "La Alfombra Mágica de la Meditación" (3:55)

Actividade: Tócache practicar. Visualiza o video outra vez e trata de repetir os exercicios.

Chacarera de los Gatos - Canciones para Soñar | Petits Habitants (2:33)

Actividade: A donde van os gatos? Por que? En que van? Que lles pasou ali? Que é a

“chacarera"? 

Los sentimientos y las emociones (Inside out - Del revés) (3:57)

 Acitividade: Imita os saúdos según a emoción ou sentimento que representa. 

La Gran Pregunta - Mascotas (Capítulos completos) (5:05)

 Actividade: Tes algunha mascota? Que animal é? Debúxate coa túa mascota.



page | by Dr. Radut