Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

ACTIVIDADES PARA O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Rematando co proxecto "As conmemoracións e os seus valores" imos dedicarlle a segunda quincena de maio ao Día Mundial do Medio Ambiente.
Temos previstas unha serie de actividades entre as cales podemos destacar a exposición de xoguetes realizados na casa con materiais reciclados que quedarán para xogar na escola, charlas sobre o Parque das Illas Atlánticas e outras actividades que xa se fixeron nos anteriores trimestres a fin de concienciar da importancia que ten o desenvolvemento sostible e o respecto pola Natureza.

O Día mundial do Medio Ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas quen procura sensibilizar a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidade no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que todas as nacións e persoas gocen dun futuro máis próspero e seguro.

O Día mundial do Medio Ambiente é un evento no que se realizan múltiples actividades: concentracións en rúas, concertos ecolóxicos, ensaios e competencias en escolas, plantacións de árbores, campañas de reciclaxe e de limpeza, entre outras.
En moitos países esta celebración é unha oportunidade de asinar ou ratificar convenios internacionais e, algunhas veces, establecer estruturas gobernamentais permanentes relacionadas co manexo ambiental e a planificación económica.
Moitos dos ecosistemas están acadando o seu límite de capacidade, chegando a situacións irreversibles. O crecemento da poboación mundial e o desenvolvemento económico teñen unha clara influencia. Para 2050 estímase que a poboación mundial acade os 9.600 millóns. Para entón necesitaríanse tres planetas para manter o actual nivel de vida e consumo.

Lema 2016: «Comercio ilegal de especies salvaxes» (Illegal Trade in Wildlife).



story | by Dr. Radut