Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Marzo 2020

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

Como todolos anos o día 2 de Abril é o Día Mundial da Concienciación do Autismo...

Todalas persoas debemos ter as mesmas oportunidades para expresar o potencial de cada un, tanto no ámbito laboral como no educativo, grazas a entornos accesibles e apoios axeitados...

Toda persoa ten uns SÚPER PODERES que lle aportan seguridade e protección, polo que vos animamos a que participedes nesta actividade para concienciar de que pese ás nosas diferenzas todos somos vos en algunha cousa... só hai que buscala e saber mirala....

Esperemos que vos guste e que esto sirva para facer un mundo máis fermoso onde collamos cada un de nos.

ACTIVIDADES PARA INFANTIL

NO ARQUIVO ADXUNTO  ACTIVIDADES RECOMENDADAS PARA ESTOS CATORCE DÍAS, TAL E COMO MANDA A CONSELLERÍA.

O camiño portugués

Estamos descubrindo moitas cousas do Camiño de Santiago, e unha delas é que polo noso Concello pasa  unha etapa do Camiño Portugués..

Asi que estamos construíndo un mural do Camiño Portugués dende   A Guarda ata Santiago de Compostela.

Primeiro seleccionamos as fotos de diferentes lugares ou cousas que ver durante o camiño. Fontes, pontes Romanas, illas, Castelos....

Despois pegámolas diferenzando as 8 etapas do camiño. E como en todo camiño hai árbores e casas debuxamos diferentes casas, persoas, árbores....

Aínda nos queda traballo pois pola nosa vila atopamos unha chea de MOJÓNS que van ser partícipes deste traballo. Estade moi atentos.....

 

DÍA DA MULLER

O 8 de Marzo foi o día da muller, e tivemos a sorte de  coñecer a dúas mulleres que nos contaron as súas experiencias nun traballo pouco típico do seu xénero por aquel entón..

Unha policía e unha camioneira.... demonos conta de que temos que cambiar moito a sociedade para que poidamos ser o que realmente queremos ser, sen ser cuestionados nin infravalorados...

Tamén no cole estreamos uns recunchos moi acolledores e que nos gustan moito onde podemos ollar contos relacionados coa IGUALDADE entre persoas sin diferenzar no xénero.

Esperamos que vos guste tanto como a nos.

 

Sardiñas, potas, pan de trigo e sal: A vida dos mercados

Este venres os dulces locos fumos a facer locuras jajja baixamos a Baiona a ver unha exposición de oficios galegos, onde puidemos coñecer cousas que usaban os nosos maiores para pescar, para facer pan, para facer cestos....

Estivo moi interesante a verdade e estivemos moi atentos.

Despois como o bo tempo nos acompañou fumos ata o parque a repoñer enerxía e tamén a gastala.

 



by Dr. Radut