Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Marzo 2020

CALIGRAMAS polo día da POESÍA

G R A Z A S

a:

ALICIA-ANTÍA-ARTAI-BRAIS-CARLA CONDE-CARMEN-CLAUDIA-GABRIELA-INÉS-INÉS ÁLVAREZ- LUCAS ARCA- SHEILA SILVA- MARA- PAULA- LUCAS RA-LÚA- TEO- SHEILA DACOSTA- IRIA e MARTA.

Por realizar para o día da poesía-21 de marzo- uns caligramas con tanto esmero: Sodes uns ARTISTAS!!

-O Equipo de Biblioteca-

Álbum: Sen categoría -> CALIGRAMAS-Día da Poesía

I Certame de CURTAS en galego!

O Equipo de Biblioteca anímavos a participar no I Certame de CURTAS!

Le as BASES e  ENVÍA A TÚA CURTA A : fontuga20@gmail.com

F O N T U G A propón:

DIA INTERNACIONAL DA MULLER: 8 MARZO

O luns día 9 de marzo a biblio do CEIP Fontes Baíña inaugurou dous recunchos da IGUALDADE co gallo da celebración do DIA INTERNACIONAL DA MULLER:8 de Marzo a encargada foi Yasmina Moreira Costas concelleira de igualdade no Concello de Baiona, ademais o acto asistiron o alcalde de Baiona Carlos Gómez Prado, a inspectora de educación Margarita Pérez Froiz, o concelleiro de educación de Baiona Óscar Carreño Miniño, a directora do CIM Elena Otero Rodríguez o asesor de bibliotecas da zona sur, Francisco Díaz Rey, a responsable de igualdade do noso centro Celia Abellá Fernández, a presidenta da ANPA, Victoria Fernández Pulido, a directora do CPI Cova Terreña, Isabel Martínez Cabaleiro, da escola infantil "A Galiña azul", María Teresa Rodríguez García, os nosos mestres do CEIP Fontes Baiña e do CPI Cova Terreña así como persoal non docente do centro e o noso alumnado. 

 

 

 

 

 

 

Foi un acto ben bonito, emocionante e o máis importante sensibilizador agardemos os recunchos sexan unha fonte de lecer e aprendizaxe así como de boas prácticas en materia de IGUALDADE. 

 

 

 

 

 

DIA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Co gallo do DIA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA o pasado día 11 de Febreiro  aproveitamos para destacar certo material que temos na biblio, e dende as diferentes aulas traballar dita data e salientar a importancia de todas as mulleres nun ámbito coma o da CIENCIA. 

 



by Dr. Radut