Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Xaneiro 2020

ADVENTO LECTOR

Todos os días un agasallo na biblio!!!!!.

Cada unha das aulas do Fontes-Baiña baixou a biblio a realizar as propostas que agochaban cada un dos agasallos que alí os agardaban ....unhas veces por curso outras varias aulas xuntas....o certo é que fixemos de todo: inventamos unha historia, códigos QR, pescudamos sobre certas palabras en inglés, buscamos as instruccións dun xogo, rimas, inventamos un cómic, realidade aumentada,contos con pictogramas, lapbook de Wally e mesmo un Kamishibai.....

Ao final cada un colocou unha fotiño da súa actividade como lembranza da mesma, nun mural a modo de árbore de Nadal. 

 

 

 

 

 

 

RECUNCHO LECTOR

A partires de agora ninguén poderá aburrirse cando agarde no noso cole (titorías, buscar a un alumn@, solicitar documentación)....xa que dispomos dun pequeno "RECUNCHO LECTOR" no recibidor do cole, conta  cunha  pequena colección de libros, dos cales poderedes facer uso. 

Agardamos sexa agradable.

Lembrade facer algunha recomendación lectora!!!!!!!!

 

 

RECOMENDACIÓNS DA TARTARUGA LECTORA :NADAL

Aquí deixamos as recomendacións da nosa Tartaruga Lectora .....hai para todos os gustos....botade un ollo!!!! 

Lembrade: agasalla un libro polo Nadal!!!

 

 

3 DE DECEMBRO: DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Co gallo da celebración do DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE recibimos a visita do persoal da ONCE de Vigo xunto cos nosos compañeiros do CPI Cova Terreña tivemos ocasión de escoitar innumerables anécdotas pero sobre todo a cantidade de dificultades que debe superar unha persoa con discapacidade visual na súa vida diaria....... sorte que conta ca axuda dos cans guía e o teñen un chisco màis doado, foi unha charla moi instructiva  que soubo a pouco, agardamos nun futuro próximo poder compartir con eles unha nova experiencia. 

SEMANA DA ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL

Do 24 ao 31 de Octubro e seguindo as directrices de Bibliotecas Escolares estivemos a traballar dende a biblio do Fontes Baiña a: Alfabetización mediática e informacional, requisito fundamental de cara ao acceso equitativo da información e o coñecemento promovendo medios de comunicación e sistemas de información libres, independentes e pluralistas como así expresa a UNESCO. 

 

 

 

MALETAS ASESORÍA BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ao longo do curso contaremos con varias das maletas da Asesoría de Bibliotecas Escolares: Biblioteca Inclusiva, Familias, Língua Inglesa...entre outras.

Estarán a disposición do alumnado e do profesorado na nosa biblioteca e  poderán traballarse por exemplo na Hora de Ler. 

KAMISHIBAI : UNA HISTORIA DE PRINCIPES AZULES

Os Dulce Locos viñeron a biblio a desfrutar dunha historia ben divertida " Una historia de príncipes azules" que para nada é o que parece ......a través do KAMISHIBAI un recurso presente na nosa biblio, puideron desfrutar dun xeito diferente dun conto (que por certo está en 3 idiomas distintos: inglés, francés e castelán)....e ademais ao rematar entre todos inventamos un final diferente .....estes nen@s teñen moita imaxinación!!!!!   

 

SAMAÍN: CEMITERIO LECTOR

No Fontes-Baiña montamos o noso propio cemiterio do terror...con libros e lecturas esquecidas....capaces de meter o medo no corpo!!!!!.....coma un berro na noite...uhhhhhh!!!!!....ademais aproveitamos para traer algunhas novidades terroríficas a nosa biblio........

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

Co gallo do día de Bibliotecas escolares aproveitamos para comezar a envíar as MOCHILAS VIAXEIRAS....desta van cargadiñas!!!!!!:  conto, cómic, poesía, música, Dvds, xogos, narrativa en galego, en castelán, en inglés, en francés....agardamos sexan do gusto da nosa rapazada!!!!! 

 

 

 

NOVIDADES EN FRANCÉS

Como ben sabedes nos cursos de  4º e 6º  de Educación Primaria contan ca materia de Lingua francesa de libre configuración e a biblioteca ademais de ofrecer materiais de lectura, informativos, dixitais tamén dispón de novidades para traballar as diferentes áreas que se imparten na escola.

Nestes días chegaron algunhas para francés. Agardamos sexan do agrado dos nosos nenos/as!!!!!.

 

 



by Dr. Radut