Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Plans e proxectos

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER- 8 DE MARZO 2020

Ao longo da primeira semana de marzo tivemos a honra de recibir no colexio a catro MULLERES que nos contaron as súas experiencias:
 
  • CARMEN GLORIA PIÑEIRO- Primeira muller galega que pisou a Antártida
  • LUZ OTERO BRANDIN- Policía local
  • ISABEL VALVERDE OTERO- 20 anos conducindo un camión.
  • MILA LÓPEZ VERNET-Campiona da copa de España de handbike.

 

Escoitarvos foi unha ensinanza grandísima!

G R A Z A S!

Álbum: Sen categoría -> DÍA DA MULLER

DÍA DE ROSALÍA

O álbum elixido (aid = 24) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

BIBLIOTECA 2019-2020

O 24 de outubro é o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES! Este día xurdiu pola iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil en 1997, e desde entón, celébrase en toda España. Da man do Contacontos ANXO MOURE e o seu fillo BRAIS MOURE conmemoramos este día na BIblioteca do CEIP FONTES BAIÑA. Ao remate das sesións de contacontos proxectouse un vídeo de BENVIDA a nosa Biblioteca do colexio e fíxose entrega das MOCHILAS VIAXEIRAS!!

 
 
 

ENTROIDO 2018

CRUZ VERMELLA

VIDEO INTRODUCCIÓN

sentímolo, flash non está dispoñible.

BENVIDA 2017-2018

Celebración do primeiro día de curso. Presentación do novo profesorado e alumnado. 

Actividades varias para pasalo ben xogando e empezar o curso con enerxía.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

BENVIDOS Ó NOVO CURSO 2017-2018

Benvidos a todos a un novo ano escolar.

O vindeiro 11 de setembro comeza o novo curso escolar 2017-2018.

 Este ano teremos novos compañeiros no profesorado, aos que saudamos, en substitución de outros que nos deixan, aos que mandamos a maior das apertas.

Seguiremos a traballar coa mesma ilusión de sempre para, entre todos, conseguir chegar á meta final que non é outra que engrandecer cada día máis os nosos rapaces.

Esperamos seguir contando coa inestimable axuda e apoio dos pais e nais para acadar este obxectivo.

Moitas grazas e bo retorno ás aulas.

FUNCIÓN DE FIN DE CURSO

 

Os alumnos do colexio prepararon con seus profes, actuacións para deleite de todos os compañeiros, pais e nais. Tamén se graduaron os rapaces de 5 anos e os de 6º de primaria. 

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

 

A excursión de fin de curso á que foron os alumnos de 5º e 6º curso foi unha grande experiencia para todos eles. Bo tempo, boas paisaxes e boa compaña.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut