Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

As Conmemoracións e os seus Valores

QUE FAN AS NENAS

Conto realizado polo alumnado de EI co gallo do día Internacional da Muller

 

A Tartaruga Lectora edición Extra

Publicamos unha edición extra da Tartaruga Lectora co gallo da celebración o pasado día 24 de febreiro do nacemento de Rosalía de Castro.

 

 

MERCADILLO SOLIDARIO

O día 18 de Marzo organizamos un mercadillo solidario no noso colexio. O alumnado trouxo xoguetes, libros  e material reciclado que xa non lles interesaba e que lles podía interesar a outros nenos/as. Démoslles tantos vales como obxectos trouxeron para que eles merquasen o que máis lle interesaba no mercadillo .

O  que pretendíamos é que se den conta do importante que é saber reutilizar contos, obxectos... Ademais reducimos o consumo e estamos beneficiando ao medio ambiente que cada vez se deteriora máis. Todo depende de nós.

É moi importante ter en conta os TRES R: Reducir, Reciclar e Reutilizar. 

Foi un gran éxito, porque todos /as marcharon moi contentos co que adquiriron.

Preme en "leer máis" para ver o vídeo.

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O Día Mundial da Saúde celébrase todos os anos o día 7 de abril, para conmemorar o aniversario da Organización Mundial da Saúde en 1948. Comezou a celebrarse dende o ano 1950.

 

Cada ano elísexe para esta data un tema.

 

O tema deste ano é a diabetes, xa que está aumentando rápidamente en moitos países e sobre todo en países de ingresos baixos e medianos.

 

EASTER - SEMANA SANTA

DESTE XEITO TRABALLAMOS A SEMANA SANTA COA TEACHER

Pulsa en "leer máis" para ver o video.

 

AULAS CICLISTAS

 

DIA INTERNACIONAL DA MULLER EN EI

DESTA MANEIRA APRENDEMOS A VALORAR Á MULLER EN EI

MERCADILLO SOLIDARIO

Día Mundial do Consumidor 2016

 

O Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, celébrase todos os anos o 15 de Marzo.

Celébrase nesta data debido a que un 15 de Marzo de 1963, o presidente dos EEUU John F. Kennedy, pronunció un discurso ante o Congreso do seu  país, sobre osdereitos dos consumidores. Uns anos máis tarde, o movemento de consumidores comezou a celebrar todos os 15 de Marzo o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.Este día realízase co fin de aumentar a conciencia en todo o mundo sobre os dereitos que teñen os consumidores, promover e tamén esixir os seus dereitos fundamentais. 

 

 Consumo Responsable

 

  • É moi importante pensar antes de mercar.
  • Tomar conciencia da orixe dos produtos que se usan, como son e por quen están feitos.
  • Ver á xente, por detrás de cada produto que mercamos.
  • Estar ao tanto dos impactos sociais e  ambientales dos produtos que mercamos.
  • Evitar artículos desbotables , rexeita bolsas de plástico son mellor as de tea , papel...
  • Consumir produtos que non teñan traballo escravo ou traballo infantil.
  • Non deixarse enganar pola publicidade.
  • Pensar onde vai a terminar o produto que mercamos cando se convirta en lixo.
  • Se non pagamos o precio real dalgún produto, sempre se paga dalgunha maneira , xeralmente é o medio ambiente coa sobreexplotación dos seus recursos naturais ou cunha maior contaminación .

 

Tamén poden pagala os traballadores coa violación dos seus  dereitos laborais ou con soldos indignos.

Elexir produtos cuxa procedencia saibamos que cumpre estándares éticos máis esixentes, como os produtos de comercio xusto. 

É moi importante educar aos nenos/as para que practiquen un consumo responsable ,que entendan o que é o valor real do que se merca máis aló do prezo da etiqueta. 

 

ANTES DE MERCAR, REFLEXIONA!

 

EQUIPO DE BIBLIOTECA CEIP FONTES-BAÍÑA

 

 

A TRASTENDA DOS CONTOS

CAXOTO CONTACONTOS LEVA MÁIS DE 6 ANOS TRABALLANDO DE FORMA TRANSVERSAL CONTIDOS RELATIVOS Á IGUALDADE. CADA CONTO, CADA CANTIGA, CADA XOGO BUSCA RACHAR UN ESTEREOTIPO DE XÉNERO, FOMENTAR A COEDUCACIÓN,... EN DEFINITIVA NORMALIZAR ENTRE AS VINDEIRAS XERACIÓNS A IGUALDADE.

NESTA SESIÓN, QUE TIVEMOS HOXE, RECOLLE A EXPERIENCIA ADQUIRIDA NESTES ANOS PARA CREAR UNHA SESIÓN DIVERTIDA, EMOTIVA E FANTASIOSA NA QUE NENOS E NENAS APRENDEN OS BENEFICIOS DE VIVIR EN IGUALDADE.

I CONCURSO DE CONTOS POLA MULLER

"CATEGORÍA A" - Educación Infantil

1º ÓMAR BOULAICH-BALANTI RODRÍGUEZ

2º AITOR CASAS GARBÍN

3º BRAIS AMOEDO GÓMEZ

 

"CATEGORÍA B" - 1º,2º e 3º de Primaria

1º ARTAI COSTAS FRAGUEIRO

2º NAYALA ÁLVAREZ BARREIRO

3º PABLO PENEDO VEIGA

 

"CATEGORIA C" - 4º, 5º e 6º de Primaria

1º ANAIS COMESAÑA FERNÁNDEZ

2º ÁNGELA MARTÍNEZ GONZÁLEZ

2º CARLOTA MONDELO FERNÁNDEZ

 

PARABÉNS A TODAS E TODOS!!!!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut