Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Orientación inclusiva

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE BECAS NEAE

Estimadas familias:

O prazo de presentación de solicitude de BECAS NEAE comeza hoxe e remata o 30 de setembro do 2022.  Non o deixedes para o último día, porque tedes que imprimir o PDF e presentalo no colexio.

Se precisades asesoramento da orientadora podedes chamar e solicitar cita previa martes e xoves en horario de 9:00 a 11:00H.

 COMO SOLICITAR UNHA BECA NEAE?

CLICA na imaxe:

 

 

ACCESO AO SERVIZO ONLINE

 

 

 

 

 

BOLSAS DE AXUDAS Curso 2021-2022

ESTIMADAS FAMILIAS:

Informamos que o prazo de presentación de solicitudes para as BOLSAS DE AXUDAS destinadas ao alumnado con necesidade espercífica de apoio educativo remata o día 30/09/2021.

 

A DOCUMENTACIÓN que se precisa é a seguinte:

  • Fotocopia do DNI de tódolos membros da familia.
  • Certificado bancario de titularidade da conta: o alumno beneficiario da axuda ten que figurar como titular da conta.
  • Memoria expedida polo centro ou reeducador que preste o servizo, coa información detallada das características do mesmo, horas semanais, coste mensual e especialista que o presta.
  • Certificado de familia numerosa.
  • Certificado de discapacidade.
  • Calquera informe do servizo de saúde do Sergas.

Se precisades asesoramento da ORIENTADORA do CEIP podedes chamar e solicitar cita martes ou xoves en horario de 8:50 a 13:50h.

Para acceder a WEB con toda a información prema enriba da palabra ENLACE

Visita ao centro adscrito: IES PRIMEIRO DE MARZO

As alumnas e alumnos de 6ºcurso de Educación Primaria esta mañá visitaron o IES 1º DE MARZO. Tendo en conta a proximidade ao noso centro acudimos andando. Nesta visita tamén nos acompañou o alumnado dos coles de Sabarís e Oia. Compartimos o recreo co alumnado do instituto e merendamos todos xuntos no anfiteatro.

AS mestras e mestres do instituto faláronnos do ben que funciona a aula de igualdade e o programa que seguen para a promoción do BO TRATO entre o alumnado. Coñecemos a aula de tecnoloxía, o laboratorio e a aula de ciencias, entre outros, explicáronnos os estudos que fan de areas, rochas e minerais. Convidáronnos a participar na vida do centro mediante os clubs de lectura, o club de ciencia e os comandos de igualdade, entre moitos outros proxectos que desenvolven. Ademais teñen radio e funciona xenial! 

Tivemos unha moi boa acollida por parte de Ana, a Orientadora, Nuria, a codirectora e todo o profesorado!

Chegamos esgotados/as pola subida camiñando pero contentos/as!

 

 

 

2 de maio - Día Internacional contra o acoso escolar 2023-

Co gallo do día Internacional do acoso escolar-2 de maio- hoxe tivemos una actividade sobre a Intelixencia Emocional entre o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, coa intervención de dous psicólogos -David e Iria-

Falamos da importancia de ESTAR BEN, ESCOITAR, A EMPATÍA ou PEDIR AXUDA.

Bolsas de AXUDAS para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. CURSO 2020-21

Informamos que o prazo de presentación de solicitudes para as BOLSAS DE AXUDAS para o alumnado con necesidade espercífica de apoio educativo remata o día 30/09/2020.

 

  1. As familias cubrirán, tal como indica a convocatoria, exclusivamente as solicitudes vía web a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.
  2. As familias presentan a solicitude no centro ata o 30 de setembro inclusive.

A DOCUMENTACIÓN que se precisa é a seguinte:

  • Fotocopia do DNI de tódolos membros da familia.
  • Certificado bancario de titularidade da conta: o alumno beneficiario da axuda ten que figurar como titular da conta.
  • Memoria expedida polo centro ou reeducador que preste o servizo, coa información detallada das características do mesmo, horas semanais, coste mensual e especialista que o presta.
  • Certificado de familia numerosa.
  • Certificado de discapacidade.
  • Calquera informe do servizo de saúde do Sergas.

Para acceder a WEB con toda a información prema enriba da palabra ENLACE

cousas do departamento de orientación

Para poñer en práctica a EMPATÍA

2 DE MAIO:

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Vídeo contos para lembrar a importancia de poñerse no lugar das persoas que temos ao noso arredor e valorar a diversidade.....

"Marcela, a inventora de palabras"

https://youtu.be/DYU0kDgSmNs

"A decisión de Marina"

https://youtu.be/s2UuZcmteFE

cousas do departamento de orientación

Titorial para a práctica de ioga.

Con axuda dos animais!  Ánimo!!

 

https://youtu.be/jMOZz7GHaog

cousas do departamento de orientación

Información con pictogramas para axudar a nuestros niños y niñas cuando empiecen a salir de casa.

Orientacións para o 3º Trimestre

Para poder ler as nosas orientacións clica no seguinte enlace:

ORIENTACIÓNS 3º TRIMESTRE

A dirección de correo electrónico á que vos podedes dirixir para calquera cuestión é a seguinte:

ANA- ORIENTADORA: ana.gloria.castillo@edu.xunta.gal

 

Distribuir contido


by Dr. Radut