1º Ciclo

Os de primeiro en Bonilla

O 18 de maio visitamos unha fábrica. É unha fábrica moi especial, alí fan as patacas fritas de "Bonilla a la vista". Foi unha visita moi práctica, curiosa e divertida, onde pudimos aprender todo o proceso que fan as patacas ata chegar ás tendas.

Contos pola igualdade

O martes e mércores, 30 de novembro e 1 de decembro, tivemos a oportunidade de participar nunha das actividades que o Concello programou  dentro dos actos da conmemoración do Día contra a violencia de xénero. Concretamente tratábase dun contacontos para os alumnos de 1º a 4º de primaria. A continuación deixamos algunhas imaxes da actividade.

VISITAMOS BONILLA A LA VISTA

Os nenos e nenas de primeiro visitamos a fábrica de patacas fritidas "BONILLA A LA VISTA".


Estivemos moi atentos/as cando nos explicaron o proceso:



  • As patacas están en sacos xigantes (1.200kilos!).

  • Soben a bañeira por unha cinta e alí lávanas.

  • Seguen a máquina picadora onde as cortan e lles sacan o amidón.

  • A fritideira está pechada e parece un túnel.

  • Cando están fritidas pasan a unhas bandexas para pesalas e empaquetalas.

  • As bolsas colócanas en caixas para lévalas ao almacén.

  • Alí están gardadas ata que as reparten aos supermercados, cafeterías e tendas de alimentación.

  No almacén vimos outros productos que reparten cando levan as patacas: aceitunas, madalenas...


Cando rematamos a visita regaláronnos unha bolsa de patacas e un paquete de "gusanitos" que comemos cando chegamos ao colexio.


Que ricos estaban!


LUME!

O luns, día 3 de maio, asistimos no colexio a un espectáculo de títeres realizado polo grupo de teatro BABALUVA. A obra chamábase LUME! e contaba a historia dunha fraga na que vivían moitas árbores e tamén moitos animais. Pero un día, unha lapa con moita fame escapou dunha cachela e quería comer o carballo máis vello da fraga. Dona Landra , que era a presidenta da Comunidade de Veciños do Carballo Vello, conseguiu que o vento do Nordés trouxera unha nube chea de choiva e apagara a lapa.  Así salvouse o Carballo e a fraga do lume e poideron vivir alí moitos anos máis os animais  e as plantas.

 

A banda sonora desta obra estaba composta pola artista australiana MERRAN LAGINESTRA que ten unha grande esperiencia na creación da bandas sonoras para teatro de títeres.

   
   

  Ao rematar a obra aplaudimos porque nos gustou.

   
   

DÍA DO LIBRO

O  venres, 23 de abril, celebramos o día do libro no colexio. Ese día fomos o mercadillo de libros  co noso vale para elexir dous libros e levalos para a nosa casa. Foi unha boa idea para poder intercambiar algúns dos nosos libros e así poder levar outros novos para as nosas casas.

     
     

 
 
   
   

Powered by Drupal - Design by artinet