1º Ciclo

Material para 2º EP

No seguinte enlace https://dl.dropbox.com/u/41230942/segundo.pdf podedes consultar e descargar o material de 2º de Primaria e as datas e días de recollida.

VISITAMOS "BONILLA A LA VISTA"

Os nenos e nenas de primeiro, acompañados das mestras, visitamos a fábrica de patacas fritidas "BONILLA A LA VISTA".


Prestamos moita atención cando  as guías nos explicaron o proceso:



  • As patacas están en sacos xigantes (1.200kilos!).

  • Soben por unha cinta para a bañeira e alí lávanse.

  • Seguen a máquina picadora onde as corta e lles saca o amidón.

  •  A fritideira xigante está pechada e parece un túnel.

  • Unha vez fritidas pasan as bandexas para pesalas e empaquetalas.

  • Gardan as bolsas en caixas e lévanas ao almacén.

  • Están almacenadas ata que as reparten aos supermercados, cafeterías e tendas de alimentación.

  • No almacen vimos outros productos que reparten cando levan as patacas: aceitunas, madalenas...

A visita gustounos moito e, cando rematamos, regaláronnos unha bolsa de patacas fritidas e un paquete de "gusanitos" que comemos cando chegamos ao colexio. Que ricos estaban!


 


 


VISITA Á POLICÍA

O xoves, 23 de mayo, o alumnado de 2º de Primaria visitamos as instalacións da Policía Nacional en Lonzas. Explicáronnos moitas cousas e pasámolo moi ben, ademais de aprender moito.

VISITA DE 2º A PUNTA HERMINIA

O martes, 22 de mayo, alumnado e profesorado de 2º B disfrutamos dunha visita guiada a Punta Herminia. Sandra e Laura, as dúas monitoras que nos acompañaron explicáronnos moitas cousas dese entorno: fauna, flora e outras moitas curiosidades. O tempo tamén quixo axudar e estivo unha mañá estupenda, como podemos ver nesta presentación.


 

SEMANA DO LIBRO

Durante a semana do libro Hugo de 1ºA e Nora de 1ºB paticiparon na lectura do conto: "A princesa e máis o chícharo". Fixérono moi ben. Noraboa!

"CONTACONTOS"

Lola Cifuentes ( nai de Aldara de 1ºB) e Lola Nieto (nai de Diana de 1ºA) viñeron ao colexio a contarnos uns contos que nos gustaron moito.

Moitas grazas pola vosa colaboración na actividade de CONTACONTOS.

VISITOUNOS A POETISA DIANA VARELA PUÑAL

A poetisa Diana Varela Puñal naceu en Corme, Costa da Morte. Colabora no diario Galicia Hoxe coa súa sesión semanal Cartas boca arriba. Gañadora do Premio Díaz Xácome, de Mondoñedo. No ano 2006 obtivo o Premio Uxío Novoneyra das Pontes de García Rodríguez, polo seu poemario Fíos. En decembro de 2010 saiu o seu segundo libro, Animal Abismo. No ano 2011 publicou o poemario As trovas de Midas en formato dixital. 


 

Powered by Drupal - Design by artinet