1º Ciclo

CONCURSO DE POESIA

   
   
   
   
   
   

FESTIVAL DE NADAL

 Os alumnos e alumnas de 1ºA e 1ª B participamos  no Festival de Nadal do colexio cantando unha panxoliña.
       

CONCERTO "EL RITMO DE LA CALLE"

 
 
 
 
 
 
 

 O pasado día 4 de  decembro tivemos a sorte de presenciar un concerto chamado "EL RITMO DE LA CALLE" no Teatrao Rosalía de Castro.

Coma tódolos concertos para nenos/nenas tratábase dunha historia contada por unha narradora e escenificada por  dez extraordinarios músicos-actores.

Velaí vai o resumo: No país de Mexico vivían dúas bandas de "músicos callejeros", Os Pirañas e Os Chapanecos que se odiaban mutuamente. Os chapanecos tocaban o xilófono e Os Pirañas tocaban todo tipo de instrumentos de percusión: tambores, pandeiros, pandeiretas e ata grandes caldeiros.

Cada vez que as dúas bandas se atopaban, pelexaban entre eles e ata tiña que vir a policia a poñer orde... Aconteceu que un bo día organizouse un "Concerto do silencio" e as dúas bandas opoñentes foron convidadas a tocar xuntas. Os xilófonos xuntáronse cos instrumentos de percusión e xurdiu entón unha melodía tan fermosa que resulta dificil describila... Os dous grupos inimigos ficaron abraiados; decatáronse que xuntos podían soar moito mellor que cada un por separado. Por se fora pouco, unha rapaza chapaneca, SIONA, namorouse dun dos Pirañas, PERCU. Aquel idilio parecía imposible de aceptar por ámbalas partes enfrentadas...

Ao final, despois de varias pelexas e encontronazos, os dous grupos reuníronse cada un por un lado a deliberar e decidiron facderse amigos e tocar xuntos porque así todos sairían gañando.

Xa de volta a clase as mestras preguntaronnos que aprenderamos daquela fermosa historia que nos contaran. Dixemos que era moi importante esforzarse por facer amigos xa que cando traballamos xuntos e compartimos o que sabemos cos demáis poden xurdir cousas grandes e fermosas.

 

EL CUARTITO DE BAÑO

 
 
 
 
 
 
 

 O venres, 13 de novembro, asistimos a representación da obra "EL CUARTITO DE BAÑO" no Forum Metropolitano.

A obra contaba a historia de dous homes que entraron no baño dos nenos e nenas porque tiñan moita urxencia e o baño dos homes estaba ocupado. Cando estaban dentro poideron xogar, coma se foran nenos, cos cepillos de dentes xigantes, cos xoguetes que estaban na bañeira , tamén fixeron neve e nubes con escuma de xabón. Remataron de xogar cando unha nena petou na porta porque quería ir ao baño.

Estivo moi divertida e pasámolo moi ben.

LISTA DE MATERIAL

 

C.E.I.P.  JUAN  FERNÁNDEZ  LATORRE

 

 

MATERIAL  ESCOLAR  PARA  1ºA E 1ºB   DE  E. P. 

  (CURSO 2009-2010)

 

4 lapis STAEDTLER Nº 2

4 gomas de borrar de NATA

2 afialapis

1 pegamento de barra GRANDE

1 caixa de ceras PLASTIDECOR ( 18 u.)

1 caixa de ceras grosas JOVICOLOR (12 u.)

1 tesoira

1 caixa de rotuladores (12 u.)

1 lapis bicolor.

1 taco de plastilina (mediano)

1 estoxo con cremalleira e boa capacidade.

3 libretas de dobre pauta ancha.

1 libreta de cadrícula.

fundas plásticas tamaño folio ( 6 u.)

1 carpeta grande,  resistente e con solapas.

 

 

Contamos coa súa colaboración para  que o material e os libros de texto (identificados)  sexan entregados na aula os días seguintes:

 

Luns , 7 -9- 2009     ------------à   de   11:30 a 1

Martes, 8-9-2009     ------------à   de   11:30 a 1

 

As titoras

Powered by Drupal - Design by artinet