CONCERTO "EL RITMO DE LA CALLE"

 
 
 
 
 
 
 

 O pasado día 4 de  decembro tivemos a sorte de presenciar un concerto chamado "EL RITMO DE LA CALLE" no Teatrao Rosalía de Castro.

Coma tódolos concertos para nenos/nenas tratábase dunha historia contada por unha narradora e escenificada por  dez extraordinarios músicos-actores.

Velaí vai o resumo: No país de Mexico vivían dúas bandas de "músicos callejeros", Os Pirañas e Os Chapanecos que se odiaban mutuamente. Os chapanecos tocaban o xilófono e Os Pirañas tocaban todo tipo de instrumentos de percusión: tambores, pandeiros, pandeiretas e ata grandes caldeiros.

Cada vez que as dúas bandas se atopaban, pelexaban entre eles e ata tiña que vir a policia a poñer orde... Aconteceu que un bo día organizouse un "Concerto do silencio" e as dúas bandas opoñentes foron convidadas a tocar xuntas. Os xilófonos xuntáronse cos instrumentos de percusión e xurdiu entón unha melodía tan fermosa que resulta dificil describila... Os dous grupos inimigos ficaron abraiados; decatáronse que xuntos podían soar moito mellor que cada un por separado. Por se fora pouco, unha rapaza chapaneca, SIONA, namorouse dun dos Pirañas, PERCU. Aquel idilio parecía imposible de aceptar por ámbalas partes enfrentadas...

Ao final, despois de varias pelexas e encontronazos, os dous grupos reuníronse cada un por un lado a deliberar e decidiron facderse amigos e tocar xuntos porque así todos sairían gañando.

Xa de volta a clase as mestras preguntaronnos que aprenderamos daquela fermosa historia que nos contaran. Dixemos que era moi importante esforzarse por facer amigos xa que cando traballamos xuntos e compartimos o que sabemos cos demáis poden xurdir cousas grandes e fermosas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet