1º Ciclo

SEMANA DA INTERCULTURALIDADE

Durante a última semana de maio, no corredor da entrada ao colexio estiveron expostos os traballos que nenos/as, pais, nais, avós, avoas... fixeron para contarnos un pouco máis sobre os seus países de procedencia. 

Aprendimos un montón de cousas de todos eses lugares do mundo: donde están; algo da súa historia, os seus monumentos, as súas bandeiras, os seus xogos e os seus postres ou platos típicos.

Por todo iso, no noso ciclo, fixemos un día especial do xoves 30 de maio. Todos os cursos visitaron a exposición, fixeron búsquedas de tesouros, gincanas de pistas, xogamos no patio a varios xogos do mundo (un de cada continente) e para rematar, fixemos unha degustación incríbel de algúns postres que elaboraron as nais, pais, avós, avoas e nenos e nenas nas súas casas.

Mirade un resumo en fotos!!

 

 

<7center>

SEMANA DA INTERCULTURALIDADE

A última semana de maio organizouse no colexio "A SEMANA DA INTERCULTURALIDADE". As familias, alumnado e profesoras do 1º ciclo participamos na elaboración dos murais de diferentes paises e na aportacion de materiais para a exposición.

Oa alumnos e alumnas do 1º ciclo debuxamos bandeiras, realizamos probas por equipos para buscar información e contestar as preguntas sobre os diferentes paises, aistimos a unha actuación dun grupo de Burundi, practicamos xogos tradicionais de todos os continentes e, para rematar a xornada realizamos unha degustación de postres tipicos de algúns países aportados polas familias e que estaban riquísimos.

As mestras do 1º ciclo queremos darvos as grazas xa que sin a vosa colaboración non sería posioble esta celebración. Moitas grazas!

 

VISITA Á POLICIA NACIONAL

O día 14 de maio realizamios unha visita ao cuartel da Policia Nacional en Lonzas. Gustounos moito porque poidemos estar con Barra, o can policia entrenado para buscar explosivos; visitamos o museo, baixamos ao garaxe para ver un coche de policia rotulado, deixáronnos subir ao coche, probar o chaleque, o casco...Para rematar a visita estivemos nunha sala onde nos explicaron en que consiste o seu traballo e tamén nos explicaron que podemos acudir a eles cando os necesitemos.

 

EL NIÑO DE ARENA

Os nenos e nenas do 1º ciclo asistimos a representación da obra de títeres "El NIÑO DE ARENA". Trata dunha historia de amor entre un home de area e unha encantadora serea que cobran vida gracias a fantasía dun señor que está só nunha praia. Ao rematar a obra tivemos a ocasión de falar con Omar Álvarez, o titiriteiro, para preguntarlle sobre a obra, os personaxes... Gustounos moito a obra e tamén cando Omar contestou as nosas preguntas.


 


O CARBALLO CON BOTAS

Despois de ler o libro "O CARBALLO CON BOTAS" preparámonos

para a visita ao colexio do seu autor, Anxo Moure.

Contounos cousas moi interesantes sobre os bosques e,

tamén nos explicou como debemos coidar a natureza.

Fixemos uns xogos moi divertidos nos que participamos

con moito entusiasmo.

Cando marchou, na súa bicicleta, saímos a despedilo.

 

Powered by Drupal - Design by artinet