2ºB

CHEGOU O ENTROIDO

     Chegou o tan ansiado Entroido. Aquí vos deixo unha pequena reportaxe. Aínda que o día chegou cargadiño de auga, os nosos raparigos e raparigas fixéronno xenial. Menudos artistas!. A disfrutar do Entroido. 

 

      Co inicio deste segundo trimestre estamos a darlle forma a un pequeno proxecto que adicamos o antigo Exipto. Pouco a pouco vamos ambientando as nosas portas e a nosa aula e estamos a aprender moito sobre esta cultura que deixou unha importante pegada  como civilización na historia.

 

GRAZAS, GRAZAS , MOITÍSIIIMAS GRAZAS

                                

 

Deixovos unha mensaxe de parte das profes de segundo, Ana e Mar. Que gusto da ver as novas xeracións que en pouquiño tempo van a pasar a formar parte desta profesión tan fermosa e apaixonada como é a Educación. Grazas de todo corazón pola vosa labor e axudarnos a que este primeiro trimestre fóra máis levadeiro.

 

EMPEZAMOS A CONTAR...

     Este ano fíxose esperar o inicio desta nova canle de comunicación coas familias. Setembro adicámolo a coñecernos un pouquiño máis: alumnos e alumnas, familias e a profe. Ao longo do curso deixareivos diferentes artigos para que podades ollar que aventuras van transcurrindo dentro e fóra da nosa aula. Espero que as disfrutedes en  compañía dos nenos e nenas de 2ºB.

Deixovos un pequeno resumo deste primeiro trimestre: Nadal, Magosto, excursións e algúns dos traballos feitos por Antón cos nenos e nenas.  (Pulsade no trineo e nos diferentes agasallos para poder visionar as fotos).

                                    Un saudiño e Bo Aninovo.

Powered by Drupal - Design by artinet