1º Ciclo

VISITA DE ANXO MOURE

O venres, 20 de marzo de 2015, os nenos e nenas de 1º e 2º  recibimos a visita do escritor galego Anxo Moure. Na clase, e na casa, lemos os seus libros “ O  CARBALLO CON BOTAS”, “O PARAUGAS DAMEAUGAS” e “SALGADIÑA A ESTRELA DE FISTERRA”. Os tres tratan sobre o coidado da natureza.

A súa entrada no salón de actos foi espectacular! Chegou montado nun patinete adornado cunha nube e unha bota da que saía un carballo!

Contounos cousas moi interesantes de forma divertida: como se planta un carballo e a viaxe da nube por diferentes países ata que chegou de volta Á Coruña. Tamén nos dixo que os contos alimentan a imaxinación e, cada vez que visitamos unha biblioteca, entramos no restaurante da imaxinación. Falounos do importante que é coidar o bosque dos contos; está en perigo porque hai xente que tira lixo nel.  Ao final recordounos o conto de amor de Salgadiña a estrela de Fisterra. Adicounos algún libros da clase e dixo que estaba moi contento pola preparación da súa visita. 

 

CONCERTO

Os nenos e nenas de 1º e 2º asistimos o día 17 de marzo a un concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida por Piero Lombardi, que interpretou os contos sinfónicos " El soldadito de plomo"e "La flor más grande del mundo" sobre textos de Andersen e Saramago. O compositor da música é Emilio Aragón e os contos foron narrados por David Currás. Estivemos moi atentos/as.

 

PARQUE ZOOLÓXICO MARCELLE

Os nenos e nenas de 2º visitamos o parque zoolóxico de Marcelle.

Recorremos o parque acompañados polas monitoras para ver os diferentes animais. Contáronnos algunhas curiosidades  sobre eles e realizamos xogos ao aire libre. Fixemos unha parada para comer e recuperar a enerxía e continuamos coa visita.

Os animais que máis nos chamaron a atención foron os emús, as suricatas, os lobos, as avestruces e os  osos.

 

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

O xoves, 10 de abril, os nenos do 1º ciclo recibimos a visita do escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano.

 


Visita de Jacobo Fernández - Video Maker

Día de Rosalía de Castro

O luns 24 de febreiro está adicado a nosa escritora máis coñecida, Rosalía de Castro. No Colexio, e animados polo Equipo de Dinamización da Língua Galega, quixemos facerlle unha pequena homenaxe que podedes ver nos vídeos seguintes.

VÍDEO DE 4ºA   VÍDEO DE 4º B   VÍDEO DE 5ºA   VÍDEO DE 5ºB   VÍDEO DE 6ºA   VÍDEO DE 6º B

CONCERTO "OS CLÁSICOS"

O Xoves, día 16, asistimos a un concerto da "Orquesta Sinfónica de Galicia". As obras eran de compositores clásicos: Vivaldi, Rossini, Beethoven, Mozart... Algunhas xa as coñeciamos. Gustounos moito porque as obras tiñan moito ritmo e tamén porque participamos cantando.

 

Powered by Drupal - Design by artinet