VISITA DE ANXO MOURE

O venres, 20 de marzo de 2015, os nenos e nenas de 1º e 2º  recibimos a visita do escritor galego Anxo Moure. Na clase, e na casa, lemos os seus libros “ O  CARBALLO CON BOTAS”, “O PARAUGAS DAMEAUGAS” e “SALGADIÑA A ESTRELA DE FISTERRA”. Os tres tratan sobre o coidado da natureza.

A súa entrada no salón de actos foi espectacular! Chegou montado nun patinete adornado cunha nube e unha bota da que saía un carballo!

Contounos cousas moi interesantes de forma divertida: como se planta un carballo e a viaxe da nube por diferentes países ata que chegou de volta Á Coruña. Tamén nos dixo que os contos alimentan a imaxinación e, cada vez que visitamos unha biblioteca, entramos no restaurante da imaxinación. Falounos do importante que é coidar o bosque dos contos; está en perigo porque hai xente que tira lixo nel.  Ao final recordounos o conto de amor de Salgadiña a estrela de Fisterra. Adicounos algún libros da clase e dixo que estaba moi contento pola preparación da súa visita. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet