SEMANA DA INTERCULTURALIDADE

A última semana de maio organizouse no colexio "A SEMANA DA INTERCULTURALIDADE". As familias, alumnado e profesoras do 1º ciclo participamos na elaboración dos murais de diferentes paises e na aportacion de materiais para a exposición.

Oa alumnos e alumnas do 1º ciclo debuxamos bandeiras, realizamos probas por equipos para buscar información e contestar as preguntas sobre os diferentes paises, aistimos a unha actuación dun grupo de Burundi, practicamos xogos tradicionais de todos os continentes e, para rematar a xornada realizamos unha degustación de postres tipicos de algúns países aportados polas familias e que estaban riquísimos.

As mestras do 1º ciclo queremos darvos as grazas xa que sin a vosa colaboración non sería posioble esta celebración. Moitas grazas!

 

Powered by Drupal - Design by artinet